HomeCulturaAntía Yáñez presenta “O clan das barbies” este 13 de decembro na...

Antía Yáñez presenta “O clan das barbies” este 13 de decembro na libraría Agrasar de Monforte

A libraría Agrasar acolle este venres, 13 de decembro, ás 20.00 horas a presentación do último libro da autora galega, Antía Yáñez, “O clan das barbies”, un evento que permitirá ao público achegarse a una novela que aborda temas de actualidade como estereotipos de xénero e a construción da identidade.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Dende os seus inicios, a libraría Agrasar aposta por convertirse nun espacio destacado para a literatura e encontros literarios en Monforte de Lemos. Co tempo, impulsaron diversas actividades destinadas a achegar os autores e obras ao seu público, consolidándose deste xeito como un punto de conexión na cidade para lectores/as e esritores/as.

Entre estas iniciativas, dende a libraría destacan “Tomando un libro”, unha proposta que permite aos asistentes a desfrutar dun aperitivo mentras dialogan dunha maneira cercana co autor/a. Antía Yáñez foi a primeira en apostar e confiar neste proxecto, de xeito que a súa participación marcou un precedente que reforza o compromiso da libraría coa aposta por diversos encontros literarios.

Ademáis desta proposta, a libraría mantén o seu programa de presentacións tradicionais nas que se exploran as obras dos escritores en profundidade. Este venres, Antía Yáñez voltará á libraría Agrasar presentando a súa nova novela “O clan das barbies”.

Antía Yáñez (Burela, 1991) é una das voces destacadas na narrativa galega contemporánea. Autora prolífica, escribiu tonto novelas xuvenís como para adultos, incluíndo títulos descatados como “Senlleiras” e “Be water”, que foron recoñecidos pola súa sensibilidade e creatividade. Durante a súa traxectoria, Yáñez abordou temas de gran relevancia social, convertíndose así nun referente para a nova xeración de escritores e lectores galegos.

“O clan das barbies” publicado o pasado mes de novembro pola editorial Xerais, estase consolidando como unha das novelas máis relevantes da autora, un libro que forma parte da súa colección de narrativa amosando a súa capacidade para abordar temas actuais e complexos.

ÚLTIMAS

Xanela colabora nun módulo de FP do I.E.S. Val do Asma de Chantada

O pasado 29 de outubro o director de Xanela, Iñaki Castiñeira, foi de visita...

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...

O 5 de novembro Monforte inicia campaña para a mellora de xestión de residuos

O Concello de Monforte inicia esta semana unha campaña informativa entre a cidadanía de...

Os polos de emprendemento da provincia recibirán 650.000€ da Xunta o vindeiro ano

Os polos de emprendemento da provincia atenderon desde a súa posta en funcionamento, hai...