HomeCulturaCita co teatro este 18 de decembro na Casa da Cultura de...

Cita co teatro este 18 de decembro na Casa da Cultura de Monforte

Este mércores, 18 de decembro, ás 20:30 a Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro acolle unha nova obra de teatro, neste caso dentro do Circuíto de Teatro Profesional da Área de Cultura da Deputación de Lugo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A compañía Teatro do Miolo representará a obra para todos os públicos Saíndo do Cerco, unha peza cuxa autoría e dirección corre a cargo de Guillermo Cancelo e o seu elenco é Chelo Lamela, André Vázquez e Guillermo Cancelo. É unha obra para todos os públicos, con entrada libre e gratuíta.

Suso é un novo residente no centro de maiores. Pensa que por estar na última etapa da vida, esta non merece ser vivida. Amalia, unha compañeira de residencia, pode ser a peza que faga dar un xiro aos acontecementos, facendo que Suso atope o sentido da súa vida.

A seguinte e última obra do ciclo de teatro programado polo Equipo de Goberno do Concello de Monforte para o derradeiro semestre de 2024, dirixida a público infantil e familiar, será coa obra, Coa música a outra parte de Trécola Producións, que terá lugar o xoves, 26 de decembro, no Edificio Multiusos, ás 18:00 horas, sendo a entrada gratuíta. Forma parte do Circuíto de Teatro Profesional da área de Cultura da Deputación de Lugo.

ÚLTIMAS

O 8M en Ribas de Sil achegouse á infancia e homenaxeu á decana do concello

A programación do 8M no concello de Ribas de Sil comezou o 6 de...

Rizoma Lemos preséntase este 11 de marzo cun espazo coworking no centro de Monforte

A Asociación Cultural Rizoma Lemos celebra este mércores 11 de marzo, a partir das...

Establécese o dispositivo de seguridade para a Mostra do Aceite e a Feira do Viño de Quiroga

A subdelegada do Goberno en Lugo presidiu esta mañá a Xunta Local de Seguridade...

600.000€ para actuar de emerxencia na mellora da LU-P-4103 en Pantón

A voceira socialista do Goberno, Pilar García Porto, destaca “Trátase dun investimento moi importante...