HomeCulturaA Vicepresidencia da Deputación destina 380.000 euros para asociacións culturais

A Vicepresidencia da Deputación destina 380.000 euros para asociacións culturais

A resolución definitiva das axudas de concorrencia competitiva saíu publicada no BOP do 17 de decembro de 2024. Entre achegas para equipamentos e achegas para a realización de actividades culturais, o investimento do organismo provincial no tecido asociativo alcanza os 380.000 euros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Boletin Oficial da Provincia de Lugo vén de publicar a resolución definitiva das axudas de concorrencia competitiva —380.000 euros— para asociacións culturais da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. A resolución confirma a listaxe provisional, publicada en novembro, e recolle a concesión de 431 subvencións  –256 para a organización de actividades e 175 para investimentos e equipamentos–, que benefician, fundamentalmente, a pequenos colectivos culturais.

Atendendo ás solicitudes presentadas, hai que diferenciar, por unha banda, as subvencións destinadas á realización de actividades de carácter cultural, recursos que se destinan a iniciativas de promoción e difusión do patrimonio material ou inmaterial, a celebracións populares como entroidos, magostos ou foliadas, a iniciativas de formación en música e baile tradicional, a obradoiros de teatro ou a edición de revistas. E por outra banda, na liña subvencionable investimentos en instalacións de carácter cultural e en equipamentos culturais, as achegas destínanse a financiar a compra de equipamento informático e musical, mobiliario ou  en actuacións de mantemento e mellora en locais sociais.

A deputada de Cultura Iria Castro destacou que “a listaxe de colectivos que reciben estas axudas é unha boa mostra da capacidade do asociacionismo para impulsar a creación e a programación cultural en todo o territorio” e avanzou que “os orzamentos de 2025 recollerán unha suba da partida destinada a estas convocatorias para ampliar a súa cobertura, e tratar de atender o incremento de solicitudes que se produciron esta anualidade, na que recibimos preto dun centenar máis que o ano pasado”.

As entidades beneficiarias teñen agora ata o vindeiro 31 de marzo para presentar a xustificación das subvencións. Os modelos a cumprimentar están dispoñibles na web cultura.deputacionlugo.gal

ÚLTIMAS

Este 20 de abril celébrase a imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

A imposición de Medallas pon fin ao procedemento de Símbolos e Distincións recollido na...

Vicepresidencia recupera os restos da antiga torre do Pazo de Tor en Monforte

O proxecto pretende poñer en valor este elemento construtivo, contiguo ao muro de peche...

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...