HomeCulturaConcerto de Aninovo da Sociedade Filarmónica de Monforte este 3 de xaneiro...

Concerto de Aninovo da Sociedade Filarmónica de Monforte este 3 de xaneiro no Multiusos

Este venres, 3 de xaneiro, a partir das 8 da tarde (20:00 h) o Auditorio do Edificio Multiusos acollerá o Concerto de Aninovo que correrá a cargo da Orquestra Clásica de Vigo, “A Clásica”, dirixida por Manuel Martínez Álvarez-Nava.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Monforte de Lemos colabora no concerto inaugural do ano 2025, no que a Sociedad Filarmónica de Monforte celebra os 75 anos dende a súa fundación. Ademais da cesión das instalacións do Edificio Multiusos o concello fai unha aportación económica para o patrocinio do concerto.

Así, a entrada será libre e gratuíta ata completar aforo, polo que o Alcalde anima a todos os monfortinos e visitantes a acudir e desfrutar deste primeiro concerto do ano en Monforte.

Programa

  1. F.J. Haydn….OBERTURA en Re mayor, Hob. Ia: 7
  2. P. I. Tchaikovsky….EL LAGO DE LOS CISNES – Suite Op. 20 (selección)
    1. Valse
    1. Danse des cygnes
    1. Danse espagnole
    1. Mazurka
  • Josef Strauss….SPORT-Polka, Op. 170
  • Johann Strauss….INDIGO – Marcha, Op. 349
  • F. Chueca….PASARÚAS DOS BARQUILLEIROS – de “Agua, Azucarillos y Aguardiente.
  • T. Bretón….SEGUIDILLAS – de “La Verbena de la Paloma”
  • R. Soutullo….REDONDELA – Pasodoble

ÚLTIMAS

A comezos do 2026 comeza a funcionar a cociña da Galiña Azul de Chantada

A Galiña Azul do Concello de Chantada forma parte desde o 2008 do Consorcio...

PP e BNG desmontan a fonte de Tomé no Parque dos Condes

A voceira do popular, Katy Varela, amosou o seu desacordo co anuncio de Tomé...

Fin de semana de Máster de Futbolín de Sarria

A directora territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, Carmen José López, participou...

Opinión: Noite de Ánimas ou Noite dos Defuntos

A partires das 24:00 h. estaremos xa no mes de novembro, mes denominado como...