HomeCulturaAs escolas de música de Sober, Chantada e A Pobra do Brollón...

As escolas de música de Sober, Chantada e A Pobra do Brollón benefícianse das axudas da Xunta

A Xunta vén de publicar no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que se conceden as axudas dirixidas a escolas de música públicas e privadas dependentes de concellos e de institucións sen ánimo de lucro. En total a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP destina 265.000€ a estas subvencións, das que este ano se benefician 78 escolas de 67 concellos de toda a xeografía galega, nas que estudan case 12.200 alumnos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A convocatoria establece dúas categorías, unha para escolas de música públicas dependentes dos concellos e outra para as que dependan de institucións sen ánimo de lucro. En ambos os casos, os centros debían estar incluídos no Rexistro de Escolas de Música e Danza da Comunidade Autónoma de Galicia.

O obxectivo desta convocatoria é potenciar o funcionamento dos centros que imparten ensinanzas de música non regradas, dirixidas ao público en xeral, e prestarlles apoio ás iniciativas para o fomento, difusión e extensión destas ensinanzas por parte, tanto dos concellos como das entidades sen ánimo de lucro que teñen entre os seus fins a formación musical.

Non en balde, este tipo de escolas funcionan como canteira para a formación de afeccionados e nas súas instalacións prepárase ao alumnado para as probas de acceso aos estudos conducentes á titulacións oficiais de Música.

Na primeira categoría concédense axudas por un importe total de 100.000€ a 42 escolas, entre as que están a Escola de Música Municipal Samoeiro da Pobra do Brollón e a Escola de Música Muncipal de Sober. Na segunda categoría outórganse axudas por importe de 165.000€ a 36 escolas, unha delas a Casa da Música de Chantada.

ÚLTIMAS

O Quiroga Trail Challenge ‘reinvéntase’

Despois dun agosto fatídico para parte das montañas do Concello de Quiroga por mor...

A Xunta resposta a Tomé sobre a acollida de migrantes no centro de Monforte: “Se demostrou ser solidario debería dar as grazas”

A conselleira de Política Social, Fabiola García, replicou ao alcalde de Monforte e presidente...

Monforte prepárase para o San Mateo

A mesa de seguridade para a celebración do San Mateo estableceu tamén a circulación...