HomeCultura"Patitas y Punteras" da monfortina, Tamara Lebón, a exposición no edificio da...

“Patitas y Punteras” da monfortina, Tamara Lebón, a exposición no edificio da Xunta en Lugo

A exposición estará aberta ao público ata o 31 de xaneiro de 2025. Posteriormente será exposta no concello de Pantón, con data aínda por confirmar.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este 17 de decembro ás 19:00h inaugúrase na Sala de Exposicións da Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Lugo, a exposición “Patitas y Punteras”. Mostra fotográfica de Tamara Lebón Sánchez, veterinaria e fotógrafa natural de Monforte de Lemos, na que une a arte da ximnasia rítmica coa causa de tenza responsable de animais de compañía. Neste proxecto participan 39 nenos de entre 3 e 15 anos colaborando con 4 refuxios e protectoras galegas.

A exposición mostra 46 imaxes emotivas e divertidas que combinan a elegancia dos ximnastas (ou o intento dela nalgún caso… ¡meus pobres!) , coa tenrura e ganas de vivir de animais rescatados e/ou maltratados, co obxectivo de sensibilizar á sociedade sobre a importancia da adopción responsable e apoio aos refuxios de animais.

Na inauguración proxectarase un vídeo co proceso de creación con imaxes e grabacións dende detrás da cámara, contando coa colaboración de dous pianistas para a banda sonora.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...