HomeCulturaO Programa de Teatro de Monforte ábrese este 30 de xaneiro

O Programa de Teatro de Monforte ábrese este 30 de xaneiro

A carteleira da programación para este primeiro semestre está conformada por un total de 8 postas en escena destinadas na súa maioría ó público adulto, con 6 representacións. Tamén se ten en conta o público infantil que terá a súa propia oferta cultural, con 2 obras programadas en marzo e maio.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A programación iniciarase o xoves, 30 de xaneiro, coa obra As gardiás, espectáculo para público adulto, a cargo do  grupo Ningures Produción. No mes de febreiro, xoves día 13, a compañía De Ste Xeito Produción traerá a escena a peza Neura, tamén para público adulto. Culturactiva representará As Alumnas o xoves 13 de marzo, para público adulto. Pola súa banda, Galeatro Producións Escénicas, actuará o xoves 27 de marzo para pór en escena Arte sen guión. Berrobambán, interpretará a obra Mulleres que viven soas, que se representará o 10 de abril. O Centro Dramático Galego pechará o ciclo deste primeiro semestre de 2025 dirixido a público adulto coa obra que leva por título Manuela Rey Is In Da House, o xoves 15 de maio.

O Equipo de Goberno non se esquece do público infantil, que contará con dúas representacións: o domingo 16 de marzo, a da compañía Magín Blanco, coa obra A nena e o grilo camiño das cores. E o domingo 11 de maio, Redrum Teatro representará Os contos de Lobicán.

Todas as obras mencionadas poñeranse en escena no Auditorio do Edificio Multiusos do Concello de Monforte, en horario de tarde, ás 20:15 horas as representacións de teatro adulto, e ás 18:00 horas as dirixidas a público infantil.  

Como todos os anos, o Concello mantén o prezo habitual das entradas, sendo a entrada xeral dun importe de 5€, e haberá entradas bonificadas para nenos, estudantes, desempregados e xubilados cun importe de 3€.

O Alcalde pon en valor o “compromiso que mantén o Concello de Monforte de brindarlle á veciñanza unha oferta cultural de calidade coa difusión de espectáculos variados e para todos os públicos entre os que se atopa a programación teatral para este primeiro semestre de 2025”.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...