HomeCulturaSarria presenta a programación de Nadal

Sarria presenta a programación de Nadal

O concello ofrece un amplo abano de actividades para todos os públicos pero a maioría centradas nos máis pequenos/as e coa maxia como protagonista.

Publicado o

- Advertisement -

Este domingo 23 de decembro teatro para adultos coa obra “Ás Portas” a cargo da Asociación Teatral Paso de Valverde, na Casa da Cultura ás 19:00 h.

Para o luns 24 está prevista a recepción do Apalpador na Casa da Cultura ás 12.00 h e para o día de Nadal, 25 de decembro, unha gran gala máxica cos magos Roberto Lolo e Samuel Moreno como protagonistas. A gala para público infantil será na Casa da Cultura ás 18:00 h.

O 28 de decembro a Biblioteca Municipal Camilo Gonsar organiza unha sesión de Contos no Nadal a cargo de María Casar Díaz, será ás 18:30 h.

Os amantes da música teñen o 29 de decembro o “Concerto de Nadal 2018” a cargo da Banda e Coral Polifónica do Concello de Sarria e Asoaciación Sarricanta ás 20:00 h. na Igrexa do Rosario.

Máis maxia, e neste caso cun espectáculo de maxia pola igualdade, o día 30 de decembro a cargo da ilusionista Fani Triana dentro da Programación Nadal pola Provincia da Deputación de Lugo. Na Casa da Cultura ás 18:30 h.

E para rematar o ano, un gran evento deportivo, a “Milla Urbán 2018”. Os participantes percorrerán unha milla dende A Rotonda de Samos ata a Estación de Ferrocarril. A saída está programada para as 18:00 h. e os interesados/as en participar deben inscribirse na web www.championchipnorte.com

Como anticipo de 2019, Sarria convida xa á participación na gran Cabalgada dos Reis Magos de Oriente o día 5 de xaneiro. A saída será ás 18:00 h . da Estación de Ferrocarril e ao rematar haberá festa amenizada polo Grupo Louband.

O día de Reis na Casa da Cultura, os máis pequenos/as poden gozar dunha actuación de teatro: “O Cachopo Máxico” ás 18:00 h.

 

ÚLTIMAS

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...

“Os dous de sempre”, do dúo Mofa & Befa, este 5 de novembro no Multiusos de Monforte

A función enmárcase na programación cultural impulsada polo Concello de Monforte a través da...

Magosto-pancetada e teatro para a fin de semana en Pantón

Despois de celebrar con grande éxito o Samaín a pasada semana, o vindeiro sábado,...