HomeCulturaExposición de banda deseñada na Biblioteca de Escairón

Exposición de banda deseñada na Biblioteca de Escairón

A mostra dá a coñecer as obras realizadas no obradoiro impartido pola escritora e debuxante Estefanía Padullés na biblioteca municipal.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O pasado 22 de xaneiro tiña lugar na Biblioteca Municipal de Escairón a inauguración dunha exposición de banda deseñada cos traballos do alumnado realizados no transcurso dun obradoiro impartido pola debuxante e escritora Estefanía Padullés.

No acto estiveron presentes seis profesores, cincuenta estudantes da ESO do centro educativo de Escairón, Estefanía Padullés, a bibliotecaria, Mónica Carballo, e o alcalde, Carlos Armesto. Na mostra poderán verse 26 historias que inician coa frase: A noite caera sobre as ruínas,… unha noite fría e chuviosa. Achegábase a tormenta.

A bibliotecaria comentando con algúns dos rapaces presentes na inauguración. Foto: Biblioteca Municipal de Escairón.

As obras estarán expostas ata o 17 de febreiro, data a partir da cal serán trasladadas a outro espazo expositivo por determinar.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...