HomeCultura'As gardiás', da compañía Ningures Produción, primeira función da tempada teatral 2025...

‘As gardiás’, da compañía Ningures Produción, primeira función da tempada teatral 2025 en Monforte

Será este xoves 30 de xaneiro ás 20:15 horas no Edificio Multiusos e forma parte da programación que confecciona o Concello de Monforte dentro do circuíto da Rede Galega de Teatros e Auditorios.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Comeza a tempada 2025 de programación teatral no Concello de Monforte. No primeiro semestre do ano 2025 representaranse 8 pezas, 6 para público adulto e 2 para público infantil e familiar.

O deseño da programación faise dentro da Rede Galega de Teatros e Auditorios, sendo este xoves 30 de xaneiro ás 20:15 h. a primeira función para adultos e titulada As gardiás, da compañía Ningures Produción. A peza está dirixida por Cristina Domínguez e interpretada por Casilda Alfaro, Melania Cruz, Amparo Martínez, Rebeca Montero e Sonia Rúa.

Como é habitual, a obra teatral poderá verse no Edificio Multiusos e o prezo da entrada xeral para esta obra será de cinco euros e tres para desempregados, xubilados e estudantes.

SINOPSE

As Gardiás, ou o dereito a decidir como xestionar a nosa propia vellez.

O humilde piso de Rosa, nun vello edificio no corazón dun barrio popular dunha vila obreira, é o refuxio acolledor dunha tribo de catro mulleres maiores organizadas.

Rosa (que se topa nunha cadeira de rodas) e as súas compañeiras, Ana, Marga e Susana, son operarias xubiladas da industria téxtil, e están decididas a preservar a súa independencia. Cando a filla de Rosa, Vitoria, propón trasladala a unha institución médica e vender o apartamento, comeza unha loita entre dúas visións do ben envellecer.

Enfrontadas ás decisións de Vitoria, as vellas mulleres defenden o seu dereito a vivir xuntas e en liberdade e artellan unha serie de estratexias para convencer a Vitoria  de que a súa é a postura mellor.

ÚLTIMAS

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...

Este sábado, 7 de novembro, ás 12.00h abre a cafetería do complexo deportivo da Pinguela

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela abrirá as súas portas este sábado, 7...