HomeCultura'As nosas flores': proxecto audiovisual ambientado no rural de Monforte que busca...

‘As nosas flores’: proxecto audiovisual ambientado no rural de Monforte que busca actores, actrices e apoio económico

Trátase dun traballo de fin de grao de doce alumnos/as da EMAV, Escola de Mitjans Audiovisuals de Barcelona, un deles orixinario de Monforte de Lemos. A curtametraxe tratará sobre o abandono rural e o alzhéimer.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

Carteis por Monforte, e unha campaña de crowdfunding que está a correr polas redes, informan dun proxecto audiovisual que precisa actrices, actores e apoio económico para poder afrontar a rodaxe.

Baixo o título de “As nosas flores”, un equipo de estudantes da Escola de Mitjans Audiovisuals de Barcelona, impulsan a gravación dunha curtametraxe que tratará sobre o abandono do rural galego, o alzhéimer, un conflito familiar e a loita por preservar as raíces familiares e culturais. Trátase dun traballo de fin de grao e o director da peza será Joel Pérez, un dos alumnos da escola que ademais ten familia en Monforte, segundo nos conta outro dos membros do equipo, Adrián.

SINOPSE

Unha muller loita contra o Alzheimer e intenta preservar as súas lembranzas nunha aldea galega, mentres a súa filla regresa coa súa familia para vender a casa familiar, enfrontándose aos conflitos familiares e a un pasado que marcará o seu futuro.

CASTING E PREVISIÓNS DE RODAXE

Adrián comenta que o casting anunciado estes días alongarase unhas dúas semanas. Buscan neno ou nena de 6 a 13 anos, actor e actriz de 35 a 50 anos, e actriz de 65 a 85 anos.

A intención a priori é contar con intérpretes non profesionais pero non desbotan contar con actores e/ou actrices que si o sexan de presentarse esa posibilidade. Se hai alguén interesado ou interesada co perfil indicado poden contactar a través do correo asnosasflores@gmail.com ou no teléfono 640353705.

No que respecta á rodaxe, a previsión é que o equipo de traballo se desprace a Monforte en marzo.

CROWDFUNDING

Para poder impulsar o proxecto e levar a historia á pantalla, o equipo de traballo enfróntase ao desafío de facer fronte ao custe que supón desprazarse ata Monforte para a gravación: viaxes, aloxamento, manutención, produción da curtametraxe, etc. Ante esta dificultade decidiron aloxar o seu proxecto na plataforma VERKAMI e animar á xente a apoialo economicamente.

Dirixíndose a aqueles que participen e acheguen as súas colaboracións para facer posible este proxecto refiren que “cada doazón, por pequena que sexa, achéganos un paso máis a Galicia, ás súas paisaxes, á súa xente, e a dar vida aos personaxes que habitan esta historia. Coa túa axuda, poderemos transformar a nosa misión nunha obra que non só emocione, senon que tamén cree conciencia e honre a memoria de quen loita contra o Alzhéimer e defenda as súas raíces”. E informan tamén das recompensas que terán polas doazóns realizadas: mención nos créditos, visionado da obra online antes da estrea oficial, camisolas e adhesivos personalizados, sementes de flores, un dossier de fotografía e banda sonora en dixital, etc.

A información completa do proxecto e o acceso para poder colaborar está na páxina web de verkami.

ÚLTIMAS

O 8M en Ribas de Sil achegouse á infancia e homenaxeu á decana do concello

A programación do 8M no concello de Ribas de Sil comezou o 6 de...

Rizoma Lemos preséntase este 11 de marzo cun espazo coworking no centro de Monforte

A Asociación Cultural Rizoma Lemos celebra este mércores 11 de marzo, a partir das...

Establécese o dispositivo de seguridade para a Mostra do Aceite e a Feira do Viño de Quiroga

A subdelegada do Goberno en Lugo presidiu esta mañá a Xunta Local de Seguridade...

600.000€ para actuar de emerxencia na mellora da LU-P-4103 en Pantón

A voceira socialista do Goberno, Pilar García Porto, destaca “Trátase dun investimento moi importante...