HomePolítica10.000 sinaturas para reclamar no Parlamento a xestión autonómica dos conservatorios municipais

10.000 sinaturas para reclamar no Parlamento a xestión autonómica dos conservatorios municipais

Representantes do BNG de Monforte remataron xaneiro asistindo a unha xuntanza no Parlamento de Galicia con Ana Pontón, e a deputada Cristina Fernández, para facer entrega de parte das preto de 10.000 sinaturas recollidas por toda Galiza, en apoio á petición de que os conservatorios municipais sexan xestionados e financiados pola Xunta de Galicia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Bloque Nacionalista Galego recorda que as ensinanzas regradas son unha competencia exclusiva da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP, polo que consideran que a Administración Autonómica debe asumir a súa responsabilidade neste ámbito.

Ademais da campaña de recollida de sinaturas, os concelleiros do BNG de Monforte tamén levaron esta demanda ao pleno municipal de Monforte de Lemos, onde foi aprobada cos votos a favor do BNG e do PSOE, a abstención de Esperta Monforte e o voto en contra do PP.

Actualmente, o Concello de Monforte está destinando ao mantemento do conservatorio municipal uns 500.000 euros anuais, unha cantidade que, segundo a formación nacionalista, debería ser asumida pola Xunta de Galicia. “Son fondos que poderían dedicarse a outras necesidades municipais se a Xunta cumprira coas súas obrigas”, di Emilio J. Sánchez, voceiro municipal do BNG.

Esta iniciativa enmárcase nunha campaña máis ampla para reivindicar o financiamento autonómico dos conservatorios municipais en Galicia, garantindo así a súa continuidade e calidade educativa sen sobrecargar os orzamentos locais.

ÚLTIMAS

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...

Micro Aberto á cultura este 14 de febreiro na cafetería Mon de Monforte

A iniciativa nace dun grupo heteroxéneo de persoas residentes no rural da zona, no...