HomeCulturaFesta do Entroido con cocido o 1 de marzo en Bóveda

Festa do Entroido con cocido o 1 de marzo en Bóveda

O Concello de Bóveda organiza a súa Festa do Entroido con cocido para o vindeiro 1 de marzo ás 14:00 horas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A celebración terá lugar no exterior do Centro Sociocultural nunha carpa calefactada. As entradas poden recollerse desde este luns nos puntos sinalados no cartel. O menú de adulto a base de cocido terá un prezo de 10€ e o infantil e base de pizza será de 5€. Os menores ata 6 anos terán entrada gratuíta.

O Concello de Bóveda anima aos veciños e veciñas a asistir disfrazados. Haberá música e colchonetas inchables. No caso de mal tempo, trasladarase o evento ao pavillón municipal.

ÚLTIMAS

Magosto-pancetada e teatro para a fin de semana en Pantón

Despois de celebrar con grande éxito o Samaín a pasada semana, o vindeiro sábado,...

Unanimidade do pleno de Folgoso do Courel para destinar a vivenda pública o cuartel da Garda Civil de Seoane

Este luns acordouse iniciar os trámites co Ministerio do Interior para conseguir o cambio...

Por Chantada propón que o parque das piscinas se chame Mirtha Castiñeiras, que foi 39 anos pediatra no municipio

O grupo municipal Por Chantada – Interior Galego Vivo vén de presentar unha moción...

A CIG celebra este 4 de novembro unha asemblea aberta en Monforte para impulsar a participación na folga xeral do día 11

A Confederación Intersindical Galega (CIG) convoca unha asemblea aberta en Monforte co obxectivo de...