Como é tradición, a Cofraría do Santo Enterro da Sardiña saíu da praza de España ás 20:00h, pero variando o seu percorrido habitual, por mor das obras que se están levando a cabo no Cardenal estreito. Deste xeito, o percorrido deste ano transcorreu pola rúa Comercio, Praza de Doutor Goyanes, rúa Hortas, rúa Hermida Balado, rúa Cardeal (peonil), avenida de Galicia, dende Cardeal peonil ata cruce con rúa Ourense, Campo de San Antonio e chegada á praza do Concello diante da fachada principal.
O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado por diversos membros do Equipo de Goberno e da Corporación municipal, recibiu á comitiva do Enterro da Sardiña diante da fachada do Concello, onde lle foron entregadas as coplas para ser cantadas. Tras os cánticos das coplas, ante o numeroso público que participou nesta edición, a comitiva desprazouse ata a Ponte Vella onde a sardiña foi ceibada no río Cabe.
O Alcalde amosou a súa satisfacción porque todos os actos organizados dende o Equipo de Goberno para o programa do Entroido foron todo un éxito, e en especial o Martes de Entroido, no que o tempo acompañou e foron máis de 1.300 os participantes no desfile de Disfraces e Comparsas, que é a cifra máis alta dos últimos anos no concello.
Neste senso, o Alcalde agradeceu “a implicación y a participación de todos aqueles monfortinos que se inscribiron para concursar tanto no Martes de Entroido, como os que o fixeron no Xoves de Comadres e Compadres e tamén a aqueles que se disfrazaron pola súa conta, que foron moitos, e que contribuíron tamén ó éxito do Entroido en Monforte”.
En conxunto, podemos falar que o Entroido 2025 foi unha das mellores edicións dos últimos anos, onde as cifras de participación foron espectaculares tanto no xoves de Comadres, como de Compadres, no Martes de Entroido e tamén no Enterro da Sardiña, celebrado onte.
Enterro da sardiña, rogativas e coplas
- Dos que queren que empezemos el año de cabeza, e o acabemos de cú
LIBERANOS DOMINE
- Dos que prometen e logo non fan
LIBERANOS DOMINE
- Dos municipais que andan escaqueados
LIBERANOS DOMINE
- Das comisións de festas que tiran do talonario
LIBERANOS DOMINE - Das obras que nunca acaban e os baches que sempre quedan
LIBERANOS DOMINE
- De los que falan moito pola radio e a tele e non din nada
LIBERANOS DOMINE
- Dos políticos de hoxe e mailos de mañá
LIBERANOS DOMINE
COPLAS
Veña, veña, que é Entroido,
irnos todos a criticar,
que despois veñen censuras
e xa non se pode falar…
E ESTA É UNHA MALA ADMINISTRACIÓN A QUE LLE TEMOS QUE DAR SOLUCIÓN
O Alcalde arranxou moitas rúas,
puxo bonitas luces no Cardenal
ter as rúas perfectas,
segue sendo o principal…
E ESTA É UNHA MALA ADMINISTRACIÓN A QUE LLE TEMOS QUE DAR SOLUCIÓN
Chamou Caballero a Tomé,
pra pedirlle unhas bombillas
fundíronse de tanto uso e
quedaron a escurillas…
E ESTA É UNHA MALA ADMINISTRACIÓN A QUE LLE TEMOS QUE DAR SOLUCIÓN
No asunto da auga,
hai lío algúns días
e rúas perforadas
polas avarías…
E ESTA É UNHA MALA ADMINISTRACIÓN A QUE LLE TEMOS QUE DAR SOLUCIÓN
Esta é a herencia recibida
de décadas anteriores
e agora Tomé parece que soluciona o problema
para as décadas posteriores.
E ESTA É UNHA MALA ADMINISTRACIÓN A QUE LLE TEMOS QUE DAR SOLUCIÓN
A Katy xa se impacienta
por ver a Praia Fluvial
os permisos levan tempo para que sexa realidade
e vaste ter que conformar
E ESTA É UNHA MALA ADMINISTRACIÓN A QUE LLE TEMOS QUE DAR SOLUCIÓN
A Katy do Pepé
pasa máis tempo en Compostela
pra ver si o Rueda a mete
nun bo posto a ela…
E ESTA É UNHA MALA ADMINISTRACIÓN A QUE LLE TEMOS QUE DAR SOLUCIÓN
O Emilio do Bloque
home de gran envergadura
segue os dictados da Pontón
pra levar a lexislatura…
E ESTA É UNHA MALA ADMINISTRACIÓN A QUE LLE TEMOS QUE DAR SOLUCIÓN
Don Emilio,
como lle chama o Alcalde,
sempre ten a brincadeira de que
as cousas se fan doutra maneira
E ESTA É UNHA MALA ADMINISTRACIÓN A QUE LLE TEMOS QUE DAR SOLUCIÓN
O Germán de Esperta Monforte
fala polo baixo nos plenos
non escoita o que lle dicen
e compórtase como os nenos
E ESTA É UNHA MALA ADMINISTRACIÓN A QUE LLE TEMOS QUE DAR SOLUCIÓN
Si lle levan a contraria
alporízase xesticulando
colle a mochila e marcha
e os outros quedan traballando
E ESTA É UNHA MALA ADMINISTRACIÓN A QUE LLE TEMOS QUE DAR SOLUCIÓN
Moito se transita en Monforte
sobre todo en patinete
circulan por dirección prohibida
e por onde máis lles pete…
E ESTA É UNHA MALA ADMINISTRACIÓN A QUE LLE TEMOS QUE DAR SOLUCIÓN
Na Deputación de Lugo
xa dicen do Tomé
que agarra todo pra Monforte
e queda Lugo sin comer…
E ESTA É UNHA MALA ADMINISTRACIÓN A QUE LLE TEMOS QUE DAR SOLUCIÓN
Xa chegou ó Pepé
a moda da ciruxía estética
mirade como deixaron ó Feixóo
con esa imaxe patética…
E ESTA É UNHA MALA ADMINISTRACIÓN A QUE LLE TEMOS QUE DAR SOLUCIÓN
Entroido monfortino
cubre todo o val de festa e ledicia
pra que sexamos nestes días
a envexa de Galicia
E ESTA É UNHA MALA ADMINISTRACIÓN A QUE LLE TEMOS QUE DAR SOLUCIÓN
Adeus, Entroido, xa te vas,
levas risas e levas pan,
agora ven a Coresma,
con tristura e sen xantar.
E ESTA É UNHA MALA ADMINISTRACIÓN A QUE LLE TEMOS QUE DAR SOLUCIÓN
Xuntamos ben, cantamos, bebemos máis
bailamos todos sen parar,
pero agora toca chorar
ata que volvas un ano máis.
E ESTA É UNHA MALA ADMINISTRACIÓN A QUE LLE TEMOS QUE DAR SOLUCIÓN