HomeCultura"Coreografías do facer: imaxes do traballo feminino en Gustav Henningsen", a exposición...

“Coreografías do facer: imaxes do traballo feminino en Gustav Henningsen”, a exposición na igrexa nova de Chantada

A mostra forma parte da programación que organiza o Concello de Chantada a través do CIM, Centro de Información á Muller arredor do 8M.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A igrexa nova de Chantada acolle ata o 20 de abril a exposición “Coreografías do facer: imaxes do traballo feminino en Gustav Henningsen”.

As imaxes da exposición son parte do extenso arquivo de fotografías realizadas polo folclorista e antropólogo, Gustav Henningsen, (Slagelse, Dinamarca, 1934) entre os anos 1965 e 1968. Nestes tres anos percorreu vilas e aldeas galegas coa súa muller, Marisa Rey (Madrid,1936), recompilando unha valiosa documentación fotográfica e oral na que as mulleres teñen un grande protagonismo.

A mostra que pode visitarse en Chantada céntrase na documentación fotográfica do antropólogo. A exposición forma parte do proxecto MICE Museo do Pobo Galego, e pode visitarse na igrexa nova de Chantada ata o 20 de abril, en horario de: 10:00 a 13:00 e 17:00 a 20:00 h. (de martes a domingo).

A programación para celebrar o 8M en Chantada rematará o día 23 de abril coa Xincana pola Igualdade na que participarán os colexios, Xoán de Requeixo e Eloísa Rivadulla.

ÚLTIMAS

O sector do Porco Celta ante a ameaza da peste porcina africana

A peste porcina africana (PPA), sen ter chegado aínda a moitos territorios, está a...

O pleno de Monforte vota este luns a dimisión de Tomé como alcalde

O pleno de Monforte de Lemos debaterá este luns a dimisión de José Tomé...

Tres proxectos da Deputación de Lugo potenciaron este 2025 o turismo sostible

A Deputación de Lugo potenciou este 2025 os encoros, o románico e as viaxes...

Oferta teatral para esta tarde en Taboada e Quiroga

O Concello de Taboada organiza na tarde deste domingo 28 de decembro unha obra...