HomeCulturaO Multiusos de Monforte acolle este 10 de abril a representación de...

O Multiusos de Monforte acolle este 10 de abril a representación de “Mulleres que viven soas”

A cita deste xoves ás 20:15 no Edificio Multiusos forma parte das representacións de teatro profesional adulto da Rede Galega de Teatros e Auditorios do primeiro semestre de 2025.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Representarase a obra, Mulleres que viven soas, da compañía Berrobambán, obra escrita por Paula Carballeira a partir de textos de Xiana Arias, María da Pontragha e Vero Rilo, dirixida por Chiqui Pereira e Nuria Sanz e interpretada pola Paula Carballeira, a educadora e antropóloga, María da Pontragha e a narradora, Vero Rilo.

Mulleres que viven soas, protagonizada polas Tres Bruxas que profetizan o ascenso de Macbeth ao trono na peza de Shakespeare, tres bruxas que encarnan os males deste mundo e que nos serven de referencia para rirnos da diferenza entre como nos ven (ou nos contan) e como nos sentimos nós dentro das nosas casas.

Espectáculo híbrido entre o teatro documental, a standup comedy e o teatro isabelino interpretado por tres das contadoras de historias máis relevantes do panorama actual. Tres mulleres excepcionais para dar voz e corpo a historias reais e personaxes femininas de ficción.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...