HomeCulturaOs centros de ensino de Monforte levan a escea as súas pezas...

Os centros de ensino de Monforte levan a escea as súas pezas teatrais no mes de maio

O XXXII Certame Municipal de Teatro para centros de ensino de Monforte, convocado e organizado polo concello a través da súa Concellería de Cultura, contará coa estrea de 7 obras que se poderán ver no salón de actos da Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro entre o 6 e o 20 do vindeiro mes.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O XXXII Certame Municipal de Teatro para centros de ensino de Monforte contará con 7 obras de teatro que se poderán ver do 6 ao 20 de maio de 2025, ambas datas incluídas. Todas as pezas escenificaranse, como é xa costume, ás 20 h. no salón de actos da Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro e os centros participantes nesta edición son: Colexio Ferroviario, o CEIP A Gándara, o CEIP de Monforte Colexio Novo, o IES A Pinguela, o IES Río Cabe, a ANPA do CEIP A Gándara, Colexio PP Escolapios.

O concello colaborará cos centros educativos participantes aportando material para a realización da obra por unha cantidade máxima de 200 euros por centro ou asociación, o dobre de aportación que en edicións anteriores, coa intención de incentivar a participación dos centros. Dende o goberno local comentan tamén que esta iniciativa “supón a posibilidade de ofertar unha actividade complementaria ás habituais dos curriculums educativos, altamente valorada pedagoxicamente, polos profesionais do ensino”.

Os premios consistirán na gravación das obras representadas, que serán entregadas aos centros participantes nun lapis de memoria, así como dun diploma acreditativo para cada un dos participantes. A entrega dos galardóns será no Salón de Actos da Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro o 26 de maio de 2025 ás 18:00 h.

CENTROS PARTICIPANTES NO XXXII CERTAME MUNICIPAL DE TEATRO
-CEIP de Monforte, coa obra “Ser diferente”, o martes 6 de maio.

-Colexio P. Ferroviario, coa obra “Matilda”, o xoves 8 de maio.

-IES A Pinguela, coa obra “Asasinas a soldo”, o venres 9 de maio.

-IES Río Cabe, coa obra “Xespirando, xoguete cómico para todes”, o luns 12 de maio.

-CEIP A Gándara, coa obra “A muralla”, que se representará o martes 13 de maio.

-ANPA CEIP A Gándara, coa obra “Lingua viva”, o lunes 19 de maio.

-Colexio Padres Escolapios, coa obra “A pantasma de Canterville”, o martes 20 de maio.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...