InicioCulturaAxenda de actividades culturais antes de Reis

Axenda de actividades culturais antes de Reis

En varios concellos do sur de Lugo prográmanse para este venres interesantes actividades. Conta contos en Pantón e no Incio, Planetario de Ciencia en Bóveda e Ribas de Sil, e historias ‘dun Paxe en apuros' na Pobra do Brollón.

Publicado o

- Advertisement -

A proposta do Concello de Pantón é un conta contos a cargo de Iago López no Centro de Día ás 12:00 h mentres que no Concello do Incio o protagonista será Fran Rei que levará a escena “A historia de Brancaflor” ás 18:00 h. na Sala Multiusos da Casa do Concello. A narración de Fran vén acompañada con xogos de maxia que reforzan a comprensión do conto e, sobre todo, fan máis atractivo o espectáculo.

Nos concellos de Bóveda e Ribas de Sil poderase vivir a experiencia de divulgación científica “Planetario Ciencia Kids-Fulldome space”. Esta actividade consiste nunha proxección, con deformación xeodésica dentro dunha estrutura de domo, que ofrece a sensación de inmersión. Búscase xerar ilusións nas que o espectador mergúllase ata o punto de non ser quen de distinguir se o que está vivindo é realidade ou ficción. No Concello de Bóveda está programada de 10:00 a 13:30 h. e no Concello de Ribas de Sil de16:30 a 19:30 h.

No Concello da Pobra do Brollón o protagonismo será para os contos, contos e historias relacionadas cos Reis que chegan da man da Mesa Pola Normalización Lingüística nas Terras de Lemos. Esta asociación organiza dende hai tres anos actividades nestas datas para visibilizar o traballo a prol da lingua e para ofrecer propostas culturais interesantes e en galego.

A proposta para este ano é o espectáculo “Un Paxe Real en apuros” do narrador Caxoto Contacontos. Terá lugar este venres 4 de xaneiro ás 18:00 h. na Casa da Cultura Olga Novo. Antes do espectáculo os responsables da MESA terán material para aqueles que queiran mercar algún agasallo didáctico e en galego.

o espectáculo

Un axudante dos Reis Magos visita A Pobra do Brollón para abordar as tradicións do Nadal dende o bo humor e os contos. Este histriónico paxe está pasando por unha das épocas máis complicadas do ano xa que nestes días non hai descanso. Envolver agasallos, mirar quen se portou ben ou mal, ler as cartas, o atracón de traballo na noite de Reis…

O Paxe Real falará do que se debe facer na noite de Reis, que deixarlles de comer, a necesidade de non deixar un patinete ou monopatín no chan, e por suposto non esquecer deixar algo de comer a Reis e camelos e botar un mexo antes de deitarse.

 

ÚLTIMAS

Últimos días para coñecer a exposición Entroido “Mobiliario Vestido”, na casa da cultura de Chantada

A casa da cultura do Concello de Chantada acolle ata o 30 deste mes...

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...