HomeCulturaXincana Infantil pola Igualdade, descubrindo mulleres pola rúas de Chantada

Xincana Infantil pola Igualdade, descubrindo mulleres pola rúas de Chantada

Case un cento de rapaces/zas dos colexios Xoán de Requeixo e Eloísa Rivadulla de Chantada participaron esta semana na Xincana pola Igualdade, descubrindo mulleres polas rúas de Chantada. Celebrábase así a última das actividades programadas este ano pola concellaría de Igualdade do Concello de Chantada con motivo do 8M.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A xincana, que se organiza por segundo ano, desenvolveuse polas rúas de Chantada, onde 6 grupos acompañados polos seus monitores competían por superar os distintos retos, que os levaban por cuestións como; Cantas adegueiras hai das 18 adegas da subzona de Chantada? Que rúas están adicadas a mulleres da nosa vila? Tivemos algunha alcaldesa?

A actividade remataba na Praza do Cantón onde os/as nenos/as participantes recibían os correspondentes agasallos. Pamela Fernández, a concelleira de Igualdade destacaba o éxito desta proposta, “Levamos dous anos celebrando a xincana infantil pola igualdade e tanto alumnado como profesorado trasládannos a súa satisfacción coa actividade por achegar os valores da igualdade e do papel feminino a través do xogo, ao tempo que coñecemos máis da nosa vila. Hoxe ademais o clima acompañounos e deunos un broche perfecto para completar a programación do 8M en Chantada.

Xincana infantil pola igualdade / Concello de Chantada

Campamentos Infantís de Semana Santa

Durante esta Semana e Santa e co obxectivo de contribuír á conciliación familiar en tempada de vacacións, a concellaría de Igualdade tamén organizou campamentos infantís coa opción de servizo de madrugadores.

80 nenos e nenas participaron das actividades que se desenvolveron en horario de mañá, os días 14, 15, 16 e 21 de abril.

Os obradoiros dos campamentos estiveron impartidos pola empresa local Velaísca, que tamén guiou a xincana deste xoves.

Xincana infantil pola igualdade / Concello de Chantada

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...