HomeCulturaComo conmemora Quiroga o Día das Letras Galegas?

Como conmemora Quiroga o Día das Letras Galegas?

Con motivo da celebración das Letras Galegas o Concello de Quiroga organizou estas semanas o Certame de Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas 2025 convocado pola Biblioteca Pública Municipal que levaba como lema "Ler con coñecemento”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Para estes concursos infantís establecéronse tres categorías: A, ata 8 anos, B de 9 a 11 anos, C, de 12 a 16 anos.  O xurado seleccionará por cada modalidade e categoría un máximo de tres traballos; e o fallo comunicarase aos premiados para que podan recoller o seu galardón o Día das Letras Galegas na Casa do Concello. Ademais, os traballos premiados nesta fase local participarán na fase provincial do Certame, convocado pola Biblioteca Pública Provincial de Lugo, co patrocinio da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia.

Tamén dentro da programación de Letras Galegas desenvolveuse o espectáculo familiar “Pelica de Burra” a cargo da narradora e educadora Vero Rinlo acompañada do músico Luís Iglesias. Esta actividade formou parte do programa de Dinamización do Galego  “FalaRedes” da Secretaría Xeral da Lingua para a Rede de Dinamización Lingüística.

Outra das actividades programadas terá lugar este mesmo xoves, 15 de maio, ás 11:00 h, na Casa da Cultura. Trátase da peza “4 Monos” con Tropa de Trapo, que representa catro contos para falar de como nos relacionamos entre nós e co medio, para soñar con outro mundo posible.

Hai moitos anos, no Lonxano Oriente, naceu un símbolo que viña do poder para reprimir ao pobo: os Tres Monos Sabios. Cada mono significaba unha acción: non ver, non oír, non falar. Nós dámoslle a volta. Os nosos monos van escoitar, ver e falar. Van pensar, van actuar… e van ser catro!

Esta actividade, na que participarán os alumnos/alumnas do CEIP de Quiroga, forma parte do programa de animación á lectura “Ler Conta Moito” da Consellería de Cultura.

Para o propio Día das Letras Galegas, que este ano están dedicadas á poesía popular oral e ás cantareiras galegas, creadoras e transmisoras de arte e beleza: Adolfina e Rosa Casás (de Cerceda); Eva Castiñeira (de Muxía); e as Pandereteiras de Mens  (Malpica) o Concello de Quiroga realiza un acto institucional.

Á unha do mediodía, na casa consistorial terá lugar a entrega de premios aos gañadores do certame de narración e debuxo Letras Galegas para a continuación gozar da música tradicional a cargo do grupo de gaitas “O Recanto” .

ÚLTIMAS

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...

Este sábado, 7 de novembro, ás 12.00h abre a cafetería do complexo deportivo da Pinguela

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela abrirá as súas portas este sábado, 7...