A mostra que leva ao espectador por Nepal, lembra a tempos pasados en Galicia, coas tendas e os oficios que aquí se foron perdendo en favor das grandes superficies. A exposición chega a Pantón grazas á colaboración que veñen desenvolvendo coa asociación fotográfica, O Potiños.
“Nepal é o mellor país para sacar fotografías ás persoas porque sempre teñen un sorriso na cara. Aquí refírome tamén á alma porque quería transmitir o interior da persoa, non sacar só o aspecto físico, transmitir a emoción, a autenticidade. Iso é o máis difícil, captar a alma da persoa. Quen vexa a exposición dirá se o conseguín ou non, a intención era esa, transmitir un estado emocional, un estado interior”, explica Seve Ferreiro sobre esta mostra coa que se estreaba expoñendo no Arenteiro Fotográfico de 2023.

Obradoiro de promoción do bo trato e encontro para pacientes oncolóxicos
O Concello de Pantón organiza o 20 de maio de 19:00h a 21:30h. o obradoiro de promoción do bo trato, O teu corpo é teu. A actividade diríxese a mulleres adultas e faise en colaboración con Outonía dentro do Pacto de Estado contra a violencia de xénero. Para máis información e inscricións poden dirixirse ao 622 83 41 64 ou en servizos sociais do concello de Pantón.

O sábado, 24 de maio, de 9:30h a 14:00h. celebrarase en Pantón un encontro para pacientes oncolóxicos e familiares. A actividade organiza pola Asociación Española contra o cancro conta con subvención da Consellería de Política Social e Igualdade
Coa proposta Tecendo redes polo románico do Miño, o encontro concentrará aos participantes no Mosteiro de San Salvador de Ferreira para iniciar a visita en coches particulares, pasando por: Igrexa de San Miguel de Eiré, o Ecomuseo de Arxeriz, San Paio de Diomondi e Santo Estevo de Ribas de Miño.
As prazas son limitadas, sendo necesaria inscrición no 900 100 036 ou 651 043 792. Tamén a través do correo lugo@contraelcancer.es
