HomeCulturaO 'Festival das Letras' abre o programa cultural de maio na Pobra...

O ‘Festival das Letras’ abre o programa cultural de maio na Pobra do Brollón

Será este sábado 17 de maio ás 19:00 h. na Casa da Cultura Olga Novo actuando a Coral Polifónica Samoeiro e alumnado dos grupos de canto e pandeireta, gaita e baile.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello da Pobra do Brollón conmemora o Día das Letras Galegas este sábado 17 de maio co Festival das Letras, un evento que fai posible a Escola municipal de Música Samoeiro e que terá lugar ás 19:00 h. na Casa da Cultura Olga Novo.

As cantareiras e á poesía popular oral son este ano as protagonistas de tal data, co cal o devandito festival, que xira arredor da música tradicional, cobra un especial sentido. Deste xeito, actuarán a Coral Polifónica Samoeiro e alumnado dos grupos de canto e pandeireta, gaita e baile.

RESTO DE PROGRAMACIÓN CULTURAL EN MAIO

Haberá dúas presentacións de libros, empezando o luns 26 de maio, cando o poeta Mario Obrero, acompañado por Olga Novo e Xurxo Ayán, presentará o seu novo libro, ‘Con e de curcuspín‘. O venres desa mesma semana, día 30, presentarase ‘O Inframundo‘, novela de aventuras de Guillelme Denís Castillo ambientada na Cova das Choias.

E xa o sábado 31, rematando maio, levarase a escea a obra de teatro Alma de Grilo de Ítaca Teatro, baseada no libro homónimo de María García.

As tres citas devanditas serán ás 20:00 horas na Casa da Cultura ‘Olga Novo’ e con entrada de balde.

ÚLTIMAS

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...

“Os dous de sempre”, do dúo Mofa & Befa, este 5 de novembro no Multiusos de Monforte

A función enmárcase na programación cultural impulsada polo Concello de Monforte a través da...

Magosto-pancetada e teatro para a fin de semana en Pantón

Despois de celebrar con grande éxito o Samaín a pasada semana, o vindeiro sábado,...