HomeCulturaRibas de Sil no Días das Letras 2025

Ribas de Sil no Días das Letras 2025

O Concello de Ribas de Sil conmemorou o Día das Letra Galegas 2025 cun acto institucional nun salón de actos cheo que quixo honrar o patrimonio cultural galego. Este ano, xunto á Real Academia Galega,  homenaxearon á poesía popular oral: as pandereteiras e cantareiras.  O acto foi conducido polo concelleiro de Educación e Cultura, Luis Fernández, coa presenza do alcalde, Roberto Castro.    

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Como acto principal da celebración, a escritora Pura Tejelo presentou e asinou o libro “Vestidos de Organdí da editorial Belagua, e ilustrado por Mon Lendoiro. Pura Tejelo, con raíces na Ribeira (Quiroga) e visitante permanente da bisbarra, ten publicadas varias obras como A elegancia do século (2017), As Horas de Hanna (2019), Novembro (2021) e Vestidos de organdí (2024). Leva escribindo, sobre todo poesía, desde a década de 1980.

En 2014 gañou o segundo premio do II Certame de Poesía en Lingua Galega Manuel María coa obra Éramos deuses entre a herba seca de agosto. En 2016 gañou o Premio de poesía Johán Carballeira co poemario A elegancia do século. Tamén publicou nas revistas Dorna e Festa da Palabra Silenciada. En 2021 o Patronato da Cultura Galega de Montevideo dedicoulle o Día da Poesía Galega na súa 29ª edición.

Estivo acompañada polo profesor, compositor, lutier e cantautor quirogués, Manuel R. Crespo, afincado en Vigo e fillo de Xoan Rolo, figura destacada na cultura da bisbarra na segunda metade do século pasado. Crespo  interpreta composicións propias que pretenden entusiasmar aos máis novo no gusto pola música e pola nosa lingua, e tamén pon música á obra de autores como Manuel María ou Ernesto Guerra da Cal. Durante o acto en San Clodio,

A xornada rematou coa música tradicional, grazas a colaboración da Deputación de Lugo a través do programa TRADIGALU 2025, co grupo de música tradicional Érbedo de Sober, que clausurou o acto coa interpretación do Himno de Galicia, que logo percorreu as rúas de San Clodio, xa entre lusco e fusco.

Letras Galegas 2025 / Concello de Ribas de Sil

ÚLTIMAS

A comunidade rural da comarca de Chantada reivindícase ante os parques eólicos e outras afectacións ao territorio

Durante a presentación, a presidenta da entidade destacou que, nun contexto marcado polo despoboamento,...

A II Summer Begin’s Quiroga celébrase o 24 de xullo no Parque da Constitución

Os amantes da música urbana, a electrónica e o bo ambiente xa poden ir...

A política cultural como ferramenta de transformación social protagoniza un encontro no Pazo de Tor

O encontro enmarcábase no proxecto “Escola, Cultura e Territorio” promovido polas áreas de Cultura...

Este 18 e 19 de xullo, Ferreiros na Pobra do Brollón celebra a IV edición de Brindadeira

Brindadeira xurdiu dunha iniciativa do goberno municipal para recuperar a tradición do brindo, un...