HomeCulturaConcerto de acordeón no ciclo 'Primavera Musical' en Sober

Concerto de acordeón no ciclo ‘Primavera Musical’ en Sober

O espectáculo, que fan posible o Concello de Sober e as Xuventudes Musicais, será o día 25 de maio ás 12:00 horas no Centro Sociocultural de Sober.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os amigos e amigas da música instrumental teñen o vindeiro 25 de maio unha ocasión de gozar dun interesante concerto de acordeón en Sober. O Dúo Éire, formado por Marta Cubas Hondal e Elisa Ruiz Ibarlucea, ofrecen un espectáculo no Centro Sociocultural que leva por título ‘Reflexos Folclóricos’.

O concerto realízase dentro do ciclo “Primavera Musical” que presenta composicións cun sólido lazo co folclore, xa sexa ao estar inspiradas directamente nas tradicións musicais de diversas rexións ou ao explorar a dualidade entre o contemporáneo e as raíces.

O Dúo Éire, formado por Marta Cubas Hondal e Elisa Ruiz Ibarlucea, xurdiu no ano 2019 dentro das instalacións de Musikene-Conservatorio Superior de Música do País Vasco, lugar que viu medrar a ambas, individualmente e como dúo. Desde ese momento compartiron moitas horas de traballo conxunto, o que se viu reflectido no XIII Concurso de Música de Cámara da Cidade de Ávila, onde obtiveron o primeiro premio no ano 2023. Anteriormente tamén foron galardoadas no V Concurso de Interpretación para Estudos de Acordeón Aris do Porto, con 1er Premio na categoría de música de cámara.

Ademais disto, é un dúo que mantén unha estreita relación con compositores do panorama musical actual. Recentemente estrearon unha obra composta expresamente para elas, titulada ‘Borina’, de Iñaki Carcavilla Garasa, e axiña estrearán obras de Brais Novoa, Carcavilla, Juan de Dios Ruiz, e Lorenzo Sorgi, compostas a través dun traballo moi estreito entre os compositores e as intérpretes. Como valor engadido tamén se cómpre salientar que recibiron masterclasses de músicos destacados como Veli Kujala, Stefan Hussong, Marko Sevarlic, Iñaki Diéguez, Philippe de Ezcurra, Miren Iñarga e Iñaki Alberdi, entre outros.

ÚLTIMAS

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...

Micro Aberto á cultura este 14 de febreiro na cafetería Mon de Monforte

A iniciativa nace dun grupo heteroxéneo de persoas residentes no rural da zona, no...