HomeCulturaComezou a 'Semana do Patrimonio Invisible' con varias visitas no sur de...

Comezou a ‘Semana do Patrimonio Invisible’ con varias visitas no sur de Lugo

A iniciativa, promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, abre as portas de espazos históricos e culturais habitualmente inaccesibles ou pouco coñecidos. Comezou esta pasada fin de semana e continuará a vindeira, 14 e 15 de xuño.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Durante esta pasada fin de semana, e dentro deste ciclo da ‘Semana do Patrimonio Invisible’ realizáronse visitas ao encoro de Belesar (Chantada) –por primeira vez aberto a público non especializado–, á cova de Santalla de Louzara (Samos), á Ferrería de Penacova (Bóveda), ao mosteiro de San Vicente do Pino (Monforte de Lemos), ao Pazo de Ferreiroá (Pantón) e á Igrexa do Hospital, no Concello do Incio.

A deputada de Cultura Iria Castro participou na visita a este último edificio devandito, incluido dentro do circuíto de espazos históricos e culturais pouco coñecidos da Vicepresidencia da Deputación. Os visitantes puideron gozar dunha igrexa que destaca pola arquitectura e o mármore azulado co que foi construída. Un tesouro patrimonial que fascina desde fóra e que garda tesouros artísticos no seu interior.

SEMANA DO PATRIMONIO INVISIBLE

Este ciclo ofrece a oportunidade única de descubrir lugares fóra dos circuítos turísticos convencionais, a través de visitas guiadas en grupos reducidos. As visitas,  gratuítas e deseñadas para grupos dun máximo de 15 persoas, garanten un tratamento próximo e de calidade e unha inmersión profunda en cada localización.

En palabras de Iria Castro “con este ciclo de visitas visibilizamos diferentes espazos fomentando o coñecemento e a valorización da diversidade patrimonial da provincia e sensibilizando sobre a importancia da protección e conservación do patrimonio”.

O programa continúa a vindeira fin de semana, 14 e 15 de xuño, con novas oportunidades para visitar San Vicente do Pino (mosteiro monfortino), o Pazo de Ferreiroá en Pantón e A ferrería de Penacova (Bóveda) na Comarca de Lemos. E tamén para visitas ao seminario de Santa Catalina (Mondoñedo), ao mosteiro de San Salvador de Lourenzá (Lourenzá) e aos mananciais de Mondoñedo.

San Vicente do Pino / XdL

A participación neste programa faise a través de reserva online na plataforma da web https://www.patrimonioinvisible.gal/ e pódese obter máis información no correo electrónico reservas@patrimonioinvisible.gal

EN LIÑA CO PROGRAMA SOTERRADAS

A I Semana do Patrimonio Invisible da provincia de Lugo desenvólvese no marco do programa SoTERRADAS da Rede Museística Provincial de Lugo, enfocado no rescate e na valorización de patrimonios invisibilizados, promovendo unha nova narrativa e metodoloxía na difusión do legado cultural da provincia.

ÚLTIMAS

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...