HomeCulturaAs Merendas con contos de Sober homenaxean a ilustración

As Merendas con contos de Sober homenaxean a ilustración

A biblioteca de Sober adica o mes de xaneiro á ilustración.

Publicado o

- Advertisement -

O 30 de xaneiro celébrase o Día das Ilustración, coincidindo co día de nacemento de A. Daniel Rodríguez Castelao. Por tal motivo a biblioteca do concello de Sober centra as Merendas con Contos na lectura e as cores, coa celebración de dous obradoiros. O venres día 11 celebrarase un obradoiro de creación libre dirixido por Ángeles de Prado Díaz. Ademais, desde este venres ata o 31 de xaneiro contarase cunha mostra pictórica da monfortina Ángeles de Prado.

Xa o os venres 18 e 25 desenvolverase a actividade, “Imos crear un conto”, trátase dun obradoiro de creación dun conto Kamishibai: A xoaniña e o Piñeiro de Josefa Contijoch e Luis Filella. As actividades desenvólvense os venres en horario de 16.00 a 19.00.

Tamén hai propostas na aula de informática, o día 11 cun obradoiro de Playcómic, o 18 obradoiro de mecanografía e o 25 desenvolverase un taller para navegar seguros pola nube.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...