HomeCulturaDo 18 ao 20 de xullo, 17º Ribeira Sacra Festival celebra a...

Do 18 ao 20 de xullo, 17º Ribeira Sacra Festival celebra a súa novena edición

A programación inclúe 15 actuacións musicais en cartel xunto con experiencias de gastronomía, arte e outras actividades de promoción do territorio en sete localizacións do concellos de Sober, Pantón, Monforte de Lemos e O Saviñao. A Xunta apoia a organización do evento a través do programa Concertos do Xacobeo.gal e do patrocinio pola adhesión á marca FEST Galicia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O 17º Ribeira Sacra integra as actuacións musicais nos espazos da contorna, poñendo en valor o patrimonio e a natureza, aspectos que conectan co distintivo creado pola Xunta para promover o territorio galego como destino musical de calidade baixo criterios artísticos e de sustentabilidade.

O director da Axencia Galega de Industrias Culturais, Jacobo Sutil, participou da presentación do festival que organiza a empresa galega I-Radia Crea, nun acto no que tamén participou o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias. A adega Regina Viarum, en Doade, no Concello de Sober, foi o lugar escollido para o encontro cos medios, onde quedará instalado o escenario principal FEST Galicia.

No escenario FEST Galicia actuarán os cabezas de cartel desta nova edición do 17º Ribeira Sacra, como son os estadounidenses The Jayhawks e a mexicana Julieta Venegas, xunto con nomes como os franceses Exsonvaldes, os británicos Wings of Desire, o español Ángel Stanich e o galego Anxo Araújo. No resto de espazos, a programación complétase cos concertos de Alondra Bentley, Cosmic Wach, así como os tamén galegos Allova, Néstor Pardo, Rapariga DJ, Tristón DJ e Nanein DJ. Neste sentido, o impulso da presenza de artistas do país na programación dos festivais consolídase como unha das prioridades da marca da Xunta.

Ademais, este “festival para os sentidos” volve brindarlle ao público experiencias gastronómicas e paisaxísticas vinculadas á idiosincrasia da Ribeira Sacra. Haberá concertos en catamarán para gozar da música nos canóns do Sil, rutas de sendeirismo e catas de produtos gastronómicos e tamén vitícolas, a cargo estas últimas do sumiller Juanjo Figueiroa.

Como novidade, a edición deste ano presentará o Mercado Gastro(Arte)Sano, unha aposta polo produto local que se desenvolverá durante a mañá do sábado no Santuario Nosa Señora de Cadeiras, en Sober, como actividade aberta a todos os públicos, con postos de gastronomía de marca galega e a actuación do grupo malagueño Cosmic Wacho.

ÚLTIMAS

O 27 de outubro comeza actividade a nova Piscina Municipal da Pinguela en Monforte

Este luns, 27 de outubro, é a apertura oficial da Piscina Climatizada Municipal de...

A A.V. do Saviñao quéixase do servizo de autobús con Monforte

Segundo a Asociación, os horarios de paso polas paradas intermedias que figuran na web...

II Ciclocrós Concello de Taboada, este 26 de outubro

Taboada acolle este domingo -26 de outubro- o II Ciclocrós Concello de Taboada, a...

Ruta Cabalar e Festa da Xuventude en Friolfe, no Páramo, este 25 de outubro

As citas están organizadas pola asociación veciñal San Xoán de Friolfe e o colectivo...