HomesociedadeO IES A Pinguela renova a dereito de uso do Selo Vida...

O IES A Pinguela renova a dereito de uso do Selo Vida Saudable

En cumprimento do previsto no artigo 7.2 da Orde ECD/2475/2015, unha vez revisados todos os centros adxudicatarios de 2017, e de acordo coa proposta formulada pola comisión avaliadora, resólvese manter o dereito ao uso do distintivo «SELO VIDA SAUDABLE» para este centro de ensino.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Por Orde ECD/2475/2015, do 19 de novembro, créase o distintivo de calidade de centros docentes, Selo Vida Saudable, (BOE do 24). Esta Orde no seu artigo 7.2 establece que “periodicamente, e polo menos cada dous anos, poderán realizarse revisións por parte do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, co fin de comprobar se se continúan cumprindo os requisitos que xustificaron a concesión”.

Mediante Resolución do 8 de xuño de 2017, da Secretaría de Estado de Educación, Formación Profesional e Universidades, concedeulle ao IES A Pinguela o distintivo de calidade “Selo Vida Saudable” que un ano máis atende aos requisitos.

ÚLTIMAS

Nova xuntanza este 15 de novembro do Club de Lectura da Escola de Torbeo

O Club de Lectura da Escola de Torbeo celebrará este domingo, 15 de novembro,...

“Benvenuti al Sud” este 13 de novembro no Cineclube Ateneo

Destacan desde o cineclub a variedade de xéneros e formatos que ofrecerán cada mes,...

O Multiusos de Monforte acolle este 12 de novembro a representación de “A Metamorfose”

O teatro regresa este xoves, 12 de novembro, ás 20:15 horas, ao Edificio Multiusos...