HomeCulturaUn concerto abre a programación cultural de verán no Incio

Un concerto abre a programación cultural de verán no Incio

O Concello do Incio comeza este martes, 22 de xullo, a programación cultural e de ocio para este verán coa actuación musical de 'Somoza Trío'. A cita será na Praza de España ás 21:00h.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello do Incio comeza este martes, 22 de xullo, a programación cultural de verán que se desenvolverá na Praza de España con actividades gratuítas para todos os públicos.

O Goberno local programa seis citas pensadas para os nenos e nenas, para o público familiar e para todos os veciños e visitantes. Así, haberá música, teatro, festa da escuma con hinchables, artesaníar e produtos da terra,…

Despois do concerto deste martes, a seguinte cita será o 31 de xullo ás 20:00 con “Uxía Lambona e a Banda Molona”. O 7 de agosto desde as 17:00h será a Festa da Escuma e a cativada volve a ser a protagonista do día 13 ás 20:00h con “Pakolas, A Ramona pequena vai á lúa”.

Para o 19 de agosto a proposta será cun espectáculo de lume a cargo de Asacacirco e o 22 de agosto, durante toda a xornada, celebrarase unha nova edición da Feira de Artesanía e Produtos da Terra. O Goberno local anima a participar nas diferentes propostas.

ÚLTIMAS

Desfile de Comparsas de Chantada con sol e moito público

O Concello de Chantada celebraba este sábado 1u de febreiro pola tarde o Desfile...

Quiroga adía o desfile de entroido ao 22 de febreiro

A suspensión do desfile de comparsas e disfraces individuais de Quiroga fará posible que...

Celebración do Entroido no Concello do Saviñao

Tras a celebración do xoves de compadres e de comadres en datas anteriores, quedan...

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...