HomeCulturaEntrevista a Carme López no novo episodio da serie de podcast "Folcast"

Entrevista a Carme López no novo episodio da serie de podcast “Folcast”

Carme, natural do Incio, está a xirar co álbum "Vinde Todas" do seu proxecto Carmela, xunto a Mounqup e Sara Méndez. O disco mestura un coñecemento profundo das músicas tradicionais cun uso de efectos e bases electrónicas

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A nova entrega do podcast promovido pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo baixo o título “Folcast” viaxa nesta ocasión á Terra de Lemos. Xosé Gago e Vanesa de Vilaesteva entrevistan a distintas persoas deste ámbito territorial para coñecer as particularidades e situación da música tradicional e oralidade neste territorio.

Neste capítulo inclúese unha entrevista con Carme López. Carme, natural do Incio, está a xirar co álbum “Vinde Todas” do seu proxecto Carmela, xunto a Mounqup e Sara Méndez. O disco mestura un coñecemento profundo das músicas tradicionais cun uso de efectos e bases electrónicas.

Carme, ademais, é investigadora e formadora. Precisamente esta visión poliédrica sobre a música tradicional é a que se dá nesta entrevista, na que se reflexiona sobre a actualización das coplas e das músicas tradicionais.

FOLCAST

Todos os episodios desta serie están sendo subidos á plataforma Spotify, e agora tamén a Ivoox, YouTube, Apple Podcast e Amazon Music. Pódese seguir a actualidade do proxecto no perfil @folcast_radio en Instagram. 

ÚLTIMAS

Desfile de Comparsas de Chantada con sol e moito público

O Concello de Chantada celebraba este sábado 1u de febreiro pola tarde o Desfile...

Quiroga adía o desfile de entroido ao 22 de febreiro

A suspensión do desfile de comparsas e disfraces individuais de Quiroga fará posible que...

Celebración do Entroido no Concello do Saviñao

Tras a celebración do xoves de compadres e de comadres en datas anteriores, quedan...

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...