HomeCulturaÉxito da primeira 'Conversa de verán' en Ribas de Sil'

Éxito da primeira ‘Conversa de verán’ en Ribas de Sil’

Foi o pasado 23 de xullo, onde a aula de pesca da Praia Fluvial, e tratou sobre a historia do ferrocarril. O mestre Manuel Cao, quen dirixiu a conversa, compartiu lembranzas e coñecementos sobre o pasado ferroviario de San Clodio.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Dende a Concellería de Cultura do Concello de Ribas de Sil definen de “éxito de público” a primeira de varias charlas abertas ao público que tivo lugar este mércores 23 de xullo no exterior da aula de pesca da praia fluvial de San Clodio.

Dedicada á historia do tren, a conversa empezou ás 9 da tardiña e durou uns 45 minutos durante os cales falouse dos trens na historia de Ribas de Sil. Trens que trouxeron, como noutros lugares, esperanza de modernidade a finais do século XIX. “Nun círculo arredor do estanque, pechado polo mestre Manuel Cao, quen dirixiu a conversa, compartíronse lembranzas e coñecementos sobre o pasado ferroviario da vila”, comentan fontes do concello.

Como anécdota, Anxo, un dos mozos da vila e alumno de ESO, tomaba notas das cousas que máis poden sorprender a un adolescente do 2025: historias que nos levan á década dos oitenta… de dous séculos atrás. O público, local e visitante, participou activamente lembrando as casillas, os traballadores –case trinta na estación–, os oficios, o quiosco e mesmo os accidentes.

“Manuel Cao fixo un magnífico percorrido pola historia do ferrocarril en San Clodio, incluídos os medos que as xentes tiñan cando chegou”, comentan tamén dende o concello.

As “Conversas de verán” volverán o vindeiro xoves 31 de xullo, neste caso baixo o tema: “A memoria da Praia Fluvial e acontecementos históricos”.

ÚLTIMAS

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...

“Os dous de sempre”, do dúo Mofa & Befa, este 5 de novembro no Multiusos de Monforte

A función enmárcase na programación cultural impulsada polo Concello de Monforte a través da...

Magosto-pancetada e teatro para a fin de semana en Pantón

Despois de celebrar con grande éxito o Samaín a pasada semana, o vindeiro sábado,...