HomeCulturaA mostra 'Sempre en Galiza' de Castelao poderase ver en Taboada

A mostra ‘Sempre en Galiza’ de Castelao poderase ver en Taboada

A exposición sobre a obra cumio do pensamento político do gran intelectual galego estará no salón de actos da Casa da Cultura ata mediados de agosto.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

“Sempre en Galiza. 1944-2024”, este é o título da mostra que se poderá ver no Concello Taboada ata mediados deste mes e que representa un alegato de Castelao a prol do recoñecemento da identidade nacional de Galiza. A iniciativa parte da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, entidade que está levando a devandita exposición tamén a outros concellos da provincia coincidindo co 75 cabodano do artista e política nacionalista. O obxectivo que se pretende é achegar á cidadanía unha figura fundamental para a historia galega contemporánea.

A deputada de Cultura Iria Castro e o tenente alcalde de Taboada, José Portela, acompañado polos concelleiros Alexandre Varela e Manuel Diéguez, presentaron a exposición formada por oito paneis que resumen o contido da obra, con textos descritivos e reproducións de fotos históricas e debuxos de Castelao.

DETALLES DA EXPOSICIÓN

Trátase dunha descrición cronolóxica que explica os textos en relación coa súa actividade política desde 1934, cando asina os primeiros artigos, no desterro estremeño, e ata 1944, cando se funda o Consello de Galiza, goberno galego no exilio do que foi primeiro presidente, e se publica a primeira edición da obra.

A mostra, comisariada por Henrique Monteagudo e coordinada por Xesús Domínguez Dono, pode visitarse durante a primeira quincena de agosto. Ademais, o día 5 haberá unha función de teatro da compañía Os Quinquilláns relacionada con esta exposición.

ÚLTIMAS

Concerto de Violoncelo e clave no Centro Sociocultural de Sober

O Concello de Sober e as Xuventudes Musicais da localidade retoman este domingo o...

A Pobra do Brollón acolle un concerto que reivindica poetas vinculadas á montaña lucense

O cuarteto vocal Son de Corda volve á Pobra do Brollón cunha nova proposta,...

Obradoiro contra a desinformación en Taboada

Esta actividade de alfabetización mediática será impartida por Selina Otero Verdes, licenciada en xornalismo...

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...