HomeCulturaCamiñada para coñecer as 'telleiras de Pantón'

Camiñada para coñecer as ‘telleiras de Pantón’

A actividade está organizada pola asociación cultural Segredos de Pantón e terá lugar o vindeiro 16 de agosto a partir das 10 da mañá.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segredos de Pantón vén de anunciar unha nova andaina cultural baixo o nome de “Coñecendo as telleiras de Pantón”, actividade que está programada para o vindeiro 16 de agosto e que dará comezo ás 10:00 h.

“Nesta actividade achegarémonos a unhas das nosas xoias do patrimonio industrial, as telleiras. Deste xeito iremos ata a telleira do Baliño (St. Mª de Ferreira) e á telleira da Bastida (Mañente), esta última unha das máis antigas conservadas na contorna”, comentan dende a entidade como resumo da camiñada histórico-cultural. Xente da propia asociación fará de guía facilitando información sobre as devanditas telleiras.

O punto de encontro será a telleira do Baliño (10:00 h.), diante do velatorio do Castro de Ferreira, e logo haberá que coller os coches particulares para chegar ata a telleira da Bastida (Mañente).

A actividade é de balde e pódense facer as inscricións polos seguintes medios.

Por correo: segredosdepanton@gmail.com

Tlf: 662 669 223 (Lucas Vázquez)

A través da mensaxería das redes sociais: Instagram ou Facebook

ÚLTIMAS

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...

Cousas Xacobeas: O Camiño na parroquia de Meixente: Mouzós e O Sisto (I)

Esta parroquia aparece denominada na Idade Media como “Castelo”, nome que perdura no topónimo referenciado perto do...