HomeCulturaAmpla programación educativa da RMPL para os centros de ensino

Ampla programación educativa da RMPL para os centros de ensino

Os museos provinciais -Museo Provincial de Lugo, Museo do Mar de Cervo, Pazo de Tor e Museo Fortaleza de San Paio de Narla-  ofrecen un curso máis aos centros escolares da provincia un amplo programa de actividades a desenvolver ao longo do ano escolar.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A deputada de Cultura Iria Castro e a xerente da Rede Museística Provincial de Lugo Encarna Lago, acompañadas Silvia Fiallega Lorenzo, Ángeles Miguélez Martínez e María Ramil, persoal do departamento de didáctica, presentaron o compedio de actividades e recursos que se ofrecen para as distintas etapas educativas, desde Educación Infantil ata Bacharelato.

A deputada de Cultura, Iria Castro sinalou que “as actividades educativas son unha porta máis de entrada aos museos e ao coñecemento do patrimonio e da arte”.

Encarna Lago explicou que “o obxectivo é atender ás necesidades do alumnado de todos os niveis, desde Educación Infantil ata Bacharelato, cunha oferta flexible e adaptada. Cremos que os museos son espazos de afecto onde aprender debe ser unha tarefab divertida. Por iso, cada unha das nosas iniciativas está deseñada para que o alumnado sexa protagonista da súa propia experiencia”.

A participación nas actividades pode desenvolverse con visitas presenciais guiadas, pero tamén a través de visitas virtuais ou actividades en liña ou de caixas de aprendizaxe que se envian aos centros escolares con materiais didácticos.

Para concertar visitas (presenciais ou virtuais), solicitar as caixas de Aprendizaxe ou realizar calquera consulta, a comunicación debe realizarse a través das seguintes vías:

ÚLTIMAS

Activados os permisos para queimas agrícolas, de particulares e restos forestais

Dende este xoves pasado, quedan activadas as solicitudes para permisos de queimas de particulares,...

Outono e Nadal teatral en Ribas de Sil

O Concello de Ribas de Sil fixo pública a súa programación de teatro --aficionado e...

Ribeira Sacra Next impulsa o emprendemento desde a escola para este curso

Nunha primeira fase do proxecto formarase en metodoxía aos centros de ensino para crear...

Iníciase novo procedemento de contratación do equipamento do ximnasio da Pinguela

A Xunta de Goberno aprobou esta semana, o expediente negociado e sen publicidade para...