HomeCultura"Castelao de Sempre en Galiza ao Consello de Galiza 1934-1944", a exposición...

“Castelao de Sempre en Galiza ao Consello de Galiza 1934-1944”, a exposición na Casa da Cultura de Quiroga

Con motivo da conmemoración do Ano Castelao (75 aniversario da súa morte) chega a Quiroga a exposición: Castelao de “Sempre en Galiza ao Conselllo de Galiza 1934-1944". Na inauguración, a compañía de teatro Os Quinquilláns fixeron unha pequena visita dramatizada e a continuación representaron a peza teatral “Cousas”, unha divertida versión da obra orixinal de Castelao.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta exposición é un proxecto divulgativo que mostra unha descrición cronolóxica dos textos de Castelao en relación coa súa actividade política desde 1934, cando asina os primeiros artigos no desterro estremeño, ata 1944 cando se publica a primeira edición de “Sempre en Galiza” e se funda o Consello de Galiza, goberno galego no exilio do que foi primeiro presidente.

A mostra, inaugurada o pasado 3 de outubro no vestíbulo da Casa da Cultura de Quiroga, exhibe materiais documentais e bibliográficos en oito paneis que resumen o contido da obra máis senlleira do pensamento político de Castelao. No acto de presentación estivo o presidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro, e os concelleiros Xosé Manuel Fernández e Mayte Pérez.
 
A exposición, organizada polas Concellarías de Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Quiroga, conta co patrocinio da Área de Cultura de Vicepresidencia da Deputación de Lugo. Poderase visitar no vestíbulo da Casa da Cultura ata o día 15 deste mesmo mes.

Inauguración da exposición. Foto: Concello de Quiroga.
Inauguración exposición sobre ‘Sempre en Galiza’ de Castelao / Concello de Quiroga

Tras a inauguración da exposición, no salón de actos da Casa da Cultura representábase a obra “Cousas” a cargo da Compañía ‘Os Quinquilláns’. Unha divertida versión da obra de Castelao na que estaban presentes grandes temas do texto orixinal como a ecoloxía, a solidariedade, a emigración ou a xustiza social. A montaxe transitaba entre a traxedia, a comedia e a farsa co obxectivo de respectar a lingua, a época e o ambiente do Rianxo natal de Castelao.

ÚLTIMAS

O BNG de Monforte entrega as primeiras alegacións recollidas contra o proxecto da nova ponte do Malecón

O BNG de Monforte vén de presentar no concello unha primeira remesa das alegacións...

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...