HomeCulturaO espectáculo "Na casa delas", este 11 de outubro na Pobra do...

O espectáculo “Na casa delas”, este 11 de outubro na Pobra do Brollón

O sábado 11 de outubro, a Casa da Cultura 'Olga Novo' na Pobra do Brollón acollerá o espectáculo literario-musical Na casa delas. O evento comeza ás 20:00 horas con entrada libre.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A proposta de Na casa delas chega da man do cuarteto vocal Son de corda no que cantan a poetas luguesas, concretamente, á guímara Olga Novo, a María Mariño, Luz Pozo, Xela Arias, Marica Campo e Olalla Cociña. No repertorio tamén inclúen algún texto da tradición oral lucense.  

Textos nos que ‘converxen diferentes tipos de amor, medos, incertezas e desenganos que enchen a cunca da vida’, escribe Beatriz Dourado na presentación do proxecto.

O cuarteto estará acompañado por Raúl Rodríguez no piano e a bailarina, María Pichín. Ademais, durante o concerto proxectarase unha serie de vídeos dedicados ás poetas, realizados por Alejandro Gándara e Manuel Lucas.

O proxecto Na casa delas conta coa colaboración da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e do Concello da Pobra do Brollón

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...