HomeCulturaOlga Novo participa nun acto coa 'represión franquista contra a arte' como...

Olga Novo participa nun acto coa ‘represión franquista contra a arte’ como protagonista

Será este venres 7 de novembro na Casa da Cultura da Pobra do Brollón e con motivo da presentación dos 'Diarios' de Syra Alonso. O evento está organizado pola Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica en colaboración co Concello anfitrión.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A voz da escritora Syra Alonso (A Coruña, 1899 – México, 1970) emerxe dende o silencio do exilio para contar unha das crónicas máis impactantes da Guerra Civil española. Os seus ‘Diarios (1935 e 1946)’ –Alvarellos Editora– relatan o terror vivido en Galicia e a loita desesperada de Syra por salvar ao seu marido, o pintor Francisco Miguel (A Coruña, 1897 – Carballo, 1936), figura central na arte galega.

Para lembrar estes terribles feitos, e aproveitando que a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica presentará, da man de Carmen García-Rodeja, a nova edición de Diarios; a escritora local Olga Novo ofrecerá un relatorio baixo o título ‘A represión contra a Arte. Asasinato do pintor Francisco Miguel a través dos Diarios de Syra Alonso’. O evento terá lugar este venres 7 de novembro ás 20:00 horas na Casa da Cultura ‘Olga Novo’.

SYRA ALONSO E FRANCISCO MIGUEL

Syra Alonso foi unha das máis extraordinarias cronistas da represión franquista. O seu home, Francisco Miguel, foi detido polos sublevados o 3 de agosto de 1936 e, vinte e seis días despois, aparecía o seu corpo sen vida –xunto con outras tres persoas– tras seren cruelmente asasinados. A partir daquel tráxico acontecemento, Syra iniciou a escrita das súas memorias, uns Diarios que viro a luz no ano 2000. 

Francisco Miguel foi asasinado xunto a Juan Boedo Pardo, Andrés Pinilla Fraga e Pedro Pinilla Calvete, sendo enterrados en Bértoa, Carballo. Os seus restos non serían identificados ata setembro de 2023, cando foron exhumados pola ARMH.

ÚLTIMAS

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...

Micro Aberto á cultura este 14 de febreiro na cafetería Mon de Monforte

A iniciativa nace dun grupo heteroxéneo de persoas residentes no rural da zona, no...