HomeCulturaPresentacións literarias sobre temática 'humana e social' en Monforte

Presentacións literarias sobre temática ‘humana e social’ en Monforte

Este venres, 7 de novembro, Peruchela Edicións en colaboración co Concello de Monforte organizan a presentación de dúas novelas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Casa da Cultura Lois Pereiro de Monforte de Lemos acolle o venres, 7 de novembro, a presentación de dúas obras literarias “de grande interese humano e social”, refire a promotora do evento, Peruchela Edicións.

O acto terá lugar ás 18:30 h. e as obras que se darán a coñecer son dúas novelas que levan por título Turno de vacaciones e A marcha de Anxo, dos autores Fernanda e Pablo Veiga, respectivamente.

AS OBRAS

A novela Turno de vacaciones afonda nos medos, nas barreiras persoais e na superación a través dunha voz feminina que coñece de preto o valor da independencia e da loita diaria. A súa autora, Fernanda, é lucense e exerceu como traballadora social durante máis de tres décadas. A súa historia vital está marcada pola parálise cerebral infantil e pola súa defensa da igualdade e da autonomía persoal.

Respecto da outra obra que se presenta, A marcha de Anxo, esta novela destaca pola fondura emocional e polo retrato humano das realidades cotiás, combinando realismo e sensibilidade. O texto explora as realidades sociais dende a visión dun cativo de 9 anos. O autor é Pablo Veiga, natural de Begonte, traballador social e con máis de 25 anos de exercicio no Concello de Friol.

O evento está organizado por Peruchela Edicións e conta coa colaboración do Concello de Monforte, estando a actividade aberta ao público e nun espazo con boa accesibilidade. A promotora convida “a asistir aos colectivos e entidades sociais da comarca, especialmente aos relacionados co apoio a persoas con diversidade funcional ou necesidades específicas”.

ÚLTIMAS

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra entrega este 8 de novembro os seus premios

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebra 11 anos de traxectoria impulsando...

Tres persoas para 180 maiores: o BNG denuncia situación “inhumana” na residencia DomusVi de Monforte

O BNG denunciou este xoves no Parlamento a situación "insostible" e "inhumana" que viven...

A veciñanza de Monforte interésase pola xestión de residuos sólidos orgánicos

No stand repartíronse caldeiros para separar a materia orgánica na casa e recolléronse solicitudes...

48.000€ para mellorar o acceso a Revide e A Toca en Quiroga

O deputado de Rural, Daniel García visitou este mércores a vía na que realizará...