HomeCulturaXornadas 'X Aniversario' de Alicerces

Xornadas ‘X Aniversario’ de Alicerces

Celebraranse este sábado 15 de novembro ás 17:00 h. no Auditorio Municipal de Chantada. Detallamos o programa do evento.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Irmandade Cultural País do Faro organiza unhas xornadas divulgativas para conmemorar o X aniversario da publicación “Alicerces. Revista de estudos do Miño medio”.

No que se refire ao programa, que comeza coa benvida dos organizadores ás 17:00 h., destacan 3 charlas nas que se falará de política, arte e muller; e un coloquio de peche.

PROGRAMA

17:10 h. “Chantada: Restauración e República”. O relator será Carlos Fernando Varela, Catedrático de Lingua Literatura e Galego.

17:45 h. “Modernidade arquitectónica na Ribeira Sacra. Antonio Tenreiro Brochón e os novos poboadores hidroeléctricos”. A cargo de Carla Fernández Martínez, profesora do Departamento de Historia da Arte e Musicoloxía da Universidade de Oviedo.

18:20 h. Descanso.

18:30 h. “O poder das mulleres na Idade Media galega”. O relator será Miguel García-Fernández, historiador do Instituto de Estudos Galegos Padre SArmiento (CSIC Xunta de Galicia).

19:05 h. Coloquio.

A entidade organizadora aproveita para agradecer a colaboración do Concello de Chantada e a Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo ao longo destes anos. E tamén darlle as grazas ás empresas que colaboran na organización do evento: Queixería Airas Moniz, Hotel Mogay, Castañas Naiciña, Embutidos Landra, Galletas Daveiga, Galletas Xianas, Distribucións Lebreiro, Panadería Xinxán, Adegas Lareu, Adega Instinto Romano e Adega Virxe dos Remedios.

ÚLTIMAS

A Cabalgata de Reis de Monforte comezará ás 18:30 en Doutor López Suárez

A chegada das Súas Maxestades a esta pista, está prevista ás 17.30h para que...

Activación da rede de nova xeración 4G e 5G e atención de incidencias que afecten á sinal da TDT

Nos vindeiros días terá lugar a activación da rede de nova xeración 4G e...

O Mercado de Nadal de Quiroga péchase con éxito e pénsase na continuidade

Este Mercado de Nadal, organizado polo Concello de Quiroga coa colaboración da Asociación de...