HomeCulturaA exposición itinerante Manuel Rodríguez López 2.0, ata o 10 de decembro...

A exposición itinerante Manuel Rodríguez López 2.0, ata o 10 de decembro na Casa da Cultura de Chantada

Ata o 10 de decembro pódese ver na Casa da Cutura de Chantada a exposición Manuel Rodríguez López 2.0, sobre a vida e obra do escritor de Paradela.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta exposición itinerante é a sucesora dunha primeira mostra que percorreu desde o ano 2013 máis de 20.000 quilómetros, pasando por numerosas cidades e localidades da península.

A mostra reflicte en doce paneis a vida e obra do escritor paradelense, considerado o mellor poeta obreiro galego do século XX, que escribiu en Cataluña a maior parte da súa obra, e foi o vínculo perfecto entre Galicia e os galegos emigrantes en Cataluña.

Manuel Rodríguez López é tamén fillo predilecto do Concello de Paradela, e dá nome á Casa da Cultura e ao Certame Literario do que se acaba de presentar a XXXI edición.

A mostra forma parte do proxecto Manuel Rodríguez López, emprendido por Egeria, GaliciaDigital e a familia do escritor, co apoio do Concello de Paradela, a Xunta de Galicia (Secretaría Xeral da Lingua) e a Real Academia Galega.

ÚLTIMAS

Taboada presenta o cartel da Festa do ‘Caldo de Ósos’

En Taboada quentan xa motores para a celebración da XXXIV edición da súa emblemática...

60.000€ da Vicepresidencia da Deputación para o Matadoiro de Sarria e a Festa do Cocido do Porco Celta que se celebra este 31 de...

O vicepresidente da Deputación, Efrén Castro, e o alcalde de Sarria, Claudio Garrido, deron...

Este 31 de xaneiro “Refuxio de inverno, viño e calma” na Ruta do Viño da Ribeira Sacra

A campaña destaca o inverno como un momento privilexiado para descubrir a Ribeira Sacra...

O PP acusa a Tomé de “subir até o máximo” o soldo como alcalde tras deixar a Deputación

Os concelleiros do Grupo Municipal do PP de Monforte acusaron ao alcalde, José Tomé,...