HomeCulturaSober programa un Nadal no que destaca a música

Sober programa un Nadal no que destaca a música

O Concello de Sober vén de iniciar a programación de Nadal na que sobresae a música e o gran número de actividades que se van a desenvolver desde este mes ata o 5 de xaneiro, día da visita dos Reis Magos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Sober na programación deste Nadal convoca un ano máis os certames de Poesía, de Postais, de Beléns e de Decoración de Locais Comerciais. O 2 de decembro presentouse o poemario de José Vicente Barcia, xornalista asentado en Sober e o día 6 tivo lugar o mercadiño de Nadal que organiza a Asociación Veciñal de Bolmente.

O venres, día 12 de decembro, farase a iluminación do alumeado de Nadal e dos beléns, un deles o de Ruperto Álvarez, instalado no Centro Sociocultural, e outro o belén a tamaño natural con pezas de madeira feitas por Eugenio Linares, que se coloca diante da Casa do Concello de Sober.

Belén Sober 2025 / Concello de Sober

O día 13 Rosende celebra a Festa de Santa Lucía, mentres que o 14 a Escola Municipal de Música de Sober convida ao seu Festival de Nadal. A visita de Papá Noel está prevista para o día 19 de decembro, mentres que o día 21 Sergio Alba presenta o seu espectáculo de humor para adultos ‘Dous rombos. Pasa para a cama!’ no Centro Sociocultural. O Trícole ofrece un concerto de panxoliñas o día 26 no local social de Bolmente e o seu espectáculo ‘Os folieiros de lavadores’ na Centro Sociocultural de Sober o día 28.

O 29 de decembro o Goberno local organiza unha festa infantil de Nadal no pavillón do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme. O día 30 O Trícole canta os Reis no Centro Sociocultural, nun acto no que se entregarán os premios dos certames de Nadal.

Xa en 2026, o día 2 de xaneiro haberá un concerto de panxoliñas a cargo do Trícole, que percorrerá diversos puntos da localidade, como a residencia da terceira idade, Canaval e Rosende. A programación de Nadal remata o día 5 de xaneiro coa visita dos Reis Magos, que chegarán cargados de agasallos para todos e todas.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...