HomeCulturaQuiroga inicia o 18 de decembro un Nadal de cultura e lecer

Quiroga inicia o 18 de decembro un Nadal de cultura e lecer

A visita de Papá Noel, o Apalapador e os Reis Magos, representacións teatrais, música, deporte e moitas actividades para os máis pequenos conforman un programa gratuíto de ocio e cultura en familia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O programa ábrese o 18 de decembro coa tradicional cea de Nadal que o Centro Social ofrece aos seus socios. Ao día seguinte, o venres 19, no Auditorio Municipal ás 18:00h, o grupo Galeteatro, contando co patrocinio da área de Cultura de Vicepresidencia da Deputación de Lugo, presenta a obra “Berenguela na Gaiola”.

O domingo 21 de decembro, a partir das 18:00h da tarde no Auditorio Municipal o grupo humorístico Trípode, presentará o teatro “A Presa”, tamén co patrocinio da área de Cultura de Vicepresidencia

O martes 23 de decembro, na rúa Campo da Feira, Papá Noel recibirá a partir das 18:00h ós nenos e nenas, que estarán convidados a un chocolate con churros. O venres, 26 de decembro, os socios e socias do Centro Social, contarán cunha animada tarde de bingo a partir das 17:00h.

O sábado día 27, o Auditorio Municipal acollerá o musical “Un conto de Nadal”, a cargo de La Oca Band, dentro do programa Concertos do Xacobe.gal da Xunta de Galicia. E o día 28, tamén no Auditorio Municipal ás seis da tarde, “A viaxe do Señor López” a cargo de Señor López Producións.

Ademais, os días 27 e 28, a praza de España acollerá o Mercado de Nadal, de comercio local e artesanía. Entre ás once da mañá e as dúas do mediodía e pola tarde entre as catro e as oito ademais dos postos de venda contarase coa visita do Apalpador, atraccións e actividades infantís e animacións musicais, e unha demostración de demostración de torneado en madeira. Esta actividade conta co patrocinio da área de cultura de Vicepresidencia da Deputación Provincial e coa colaboración da Asociación de Empresarios e Comerciantes do Xeoparque Montañas do Courel. Entre o 29 e o 31 de decembro disputarase no pavillón municipal o XXI Torneo de Nadal de Fútbol Sala.

O martes 30 de decembro, ás cinco e media da tarde, contacontos “En el desván hay un baúl”, a cargo de Erica González. Nesta mesma xornada, unha nova cita nas instalacións do Centro Social, cun novo Faladoiro ás seis da tarde. O día 31 pola mañá unha nova cita deportiva coa carreira andaina San Silvestre. A saída está prevista dende a praza de España ás doce e media do mediodía.

O 2 de xaneiro a Casa da Cultura acollerá o espectáculo de títeres “Esperta o rinoceronte”, a cargo de Nao Caracola. O espectáculo que comeza ás eis da tade forma parte do programa móvete da Vicepresidencia da Deputación Provincial. O 3 e o 4 de xaneiro os máis pequenos terán unha nova cita: festa infantil de inchables no pavillón municipal entre as tres e media e as sete e media da tarde.

O 4 de xaneiro tamén haberá unha cita no Auditorio Municipal. Ás oito do serán o espectáculo “Grandes voces da canción” achegará a Aialma e Antonio Barros ata Quiroga grazas ao programa concertos do Xacobe.gal da Xunta de Galicia. Como remate desta programación de Nadal, o 5 de xaniro, a partir das 18:00h, as Súas Maxestades Os Reis Magos de Oriente, recorrerán a rúa Real e recibirán a todos os nenos e nenas no Auditorio Municipal.

ÚLTIMAS

A oposición de Monforte pide a dimisión de Tomé

Tres horas antes do pleno, Tomé ofrecía unha rolda de prensa na sede dos...

O 15 de decembro comeza a funcionar en Monforte o servizo de Bus Rural

O novo autobús percorrerá as 26 parroquias do Concello de Monforte, dando servizo de...

IGV denuncia gastos municipais innecesarios en propaganda da candidatura a Patrimonio Mundial

Segundo a formación política o proceso de candidatura a Patrimonio Mundial da Ribeira Sacra...

José Tomé: “Solicito voluntariamente a suspensión cautelar de militancia ata que se resolva este expediente”

O alcalde de Monforte, José Tomé, presentará a súa dimisión como presidente da Deputación...