HomeCultura“O boleto”, do Grupo Viraventos, este sábado na casa da cultura de...

“O boleto”, do Grupo Viraventos, este sábado na casa da cultura de Monforte

A obra pecha este sábado o ciclo de teatro organizado polo Concello de Monforte para o último trimestre de 2025

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Casa da Cultura Lois Pereiro de Monforte acolle este sábado, 20 de decembro, ás 20.00 horas, unha nova cita co teatro para público adulto organizado polo Concello de Monforte. Trátase da obra “O boleto”, que representará o grupo de teatro afeccionado monfortino Viraventos. A entrada é libre e gratuíta.

Este espectáculo, enmarcado tamén no programa municipal das Festas do Nadal 2025-2026, pecha o ciclo de teatro programado polo Concello de Monforte a través da Rede Galega de Teatros e Auditorios, así como dos Circuítos de Teatro Afeccionado e Profesional da Deputación Provincial de Lugo, para o último trimestre do ano. Grazas a esta iniciativa, que reforza a aposta do Equipo de Goberno monfortino pola cultura, pasaron polos escenarios do Edificio Multiusos e da Casa da Cultura Lois Pereiro entre outubro e decembro 11 espectáculos teatrais: oito a cargo de compañías profesionais e tres representados por grupos afeccionados. Das 11 obras, catro estaban dirixidas ao público familiar e sete ao público adulto.

“O boleto”, sinopse

No corazón dunha pequena vila galega, onde a rutina e a amizade van da man, a vida dá un xiro inesperado cando un grupo de veciños que xoga á lotaría resulta gañador do maior premio da historia. A alegría é inmensa, as copas corren e os soños empezan a tomar forma. Pero ao día seguinte da celebración, unha nova abanea a comunidade: Lisardo Cacheira, o veciño de confianza e custodio do boleto premiado, aparece morto en estrañas circunstancias.

Unha comedia de enredo e suspense, onde cada personaxe agocha máis do que parece, e onde a verdadeira natureza das relacións saen á luz cando hai millóns en xogo.

Escrita e dirixida por Candela López e Marcos Vázquez. Elenco: Elena Arnaiz, Ángeles Bande, Juan Castro, José Ramón Cid, Fina Díaz, Manuela Fuentes, Teresa González, Ángeles Martínez, Antonio Martínez, Pury Conde, Pili Rodlos, Gonzalo Rodríguez, Josi Rodríguez e Marina Vidueira.

ÚLTIMAS

Máis de 1.000 inscritos na XVI Carreira Popular do Concello de Monforte que pecha inscricións o día 21

A XVI Carreira Popular do Concello de Monforte, que se celebrará o domingo 26...

A Conselleira de Medio Rural avalía en Pantón e Folgoso do Courel iniciativas para a prevención de incendios e o desenvolvemento rural

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo delegado territorial da...

O PP advirte que “o Goberno de Sánchez non compromete unha data para o remate da rehabilitación da N-540”

Os deputados do PP no Congreso por Lugo e Ourense consideran preocupante que “o...

Xornada de formación ambiental e pesca responsable en Monforte

A cidade de Monforte acolleu unha interesante xornada formativa sobre medioambiente e pesca responsable...