HomeCultura"Agora, eu cariota", o debut literario de Xosé Gago

“Agora, eu cariota”, o debut literario de Xosé Gago

Trátase dun poemario editado por Laiovento e dispoñible en librarías dende o 17 de decembro. A obra recolle escritos dos últimos seis anos vinculados á ribeira do Sil en Trasmonte, no Concello da Pobra do Brollón.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Xosé Gago, coñecido activista e xestor cultural afincado na Pobra do Brollón, vén de editar un poemario coa editorial Laiovento. O autor nútrese da súa experiencia no eido da xestión do patrimonio en comunidade, principalmente no devandito concello. 

“O poemario está atravesado por unha reivindicación do comunitario, das redes de coidados e da veciñanza como elemento de resistencia”, comenta Gago. 

O POEMARIO

O volume nace tras anos intensos como técnico de Cultura no Concello da Pobra do Brollón e da reflexión a partir do seu propio traballo, experiencias vividas e aprendizaxes. Destaca a capacidade de creación de imaxes potentes a través de poemas curtos.

Estrutúrase en varios capítulos. O capítulo central, “Ribeiranas”, está inspirado na experiencia profesional e persoal de Gago nas ribeiras do Sil en Trasmonte. Neste lugar participou no proxecto de xestión comunitaria do patrimonio Adegas da Memoria e acabou por facerse con viñedo. Así, a ribeira e o mundo da viticultura tradicional teñen un espazo esencial no poemario.

Agora, eu cariota conta cun prólogo da poeta Susana Sánchez Aríns e unha nota na contraportada do tamén poeta Xosé Mº Álvarez Cáccamo. Está nas librarías dende o 17 de decembro baixo o selo “VentoAlto”, da colección de poesía de Editorial Laiovento.

PRESENTACIÓNS DA OBRA

O pasado 18 de decembro houbo unha en Compostela, no café-bar Garum. O autor estivo acompañado por Xosé Mº Álvarez Cáccamo, a regueifeira Alba María –quen musicou algúns dos poemas– e a actriz Melania Cruz no recitado. 

A segunda será en Trasmonte (Vilachá de Salvadur) este domingo 21 de decembro ás 13:00 horas no Furancho O Currio. Nesta ocasión o autor estará acompañado de Susana Sánchez Aríns e anímase ás asistentes a levar instrumentos para facer foliada ao remate. Xentileza do autor, servirase un viño da ribeira do Eivedo aos presentes.

ÚLTIMAS

Máis de 1.000 inscritos na XVI Carreira Popular do Concello de Monforte que pecha inscricións o día 21

A XVI Carreira Popular do Concello de Monforte, que se celebrará o domingo 26...

A Conselleira de Medio Rural avalía en Pantón e Folgoso do Courel iniciativas para a prevención de incendios e o desenvolvemento rural

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo delegado territorial da...

O PP advirte que “o Goberno de Sánchez non compromete unha data para o remate da rehabilitación da N-540”

Os deputados do PP no Congreso por Lugo e Ourense consideran preocupante que “o...

Xornada de formación ambiental e pesca responsable en Monforte

A cidade de Monforte acolleu unha interesante xornada formativa sobre medioambiente e pesca responsable...