HomeCulturaO musical “Un conto de Nadal”, este 27 de decembro no Auditorio...

O musical “Un conto de Nadal”, este 27 de decembro no Auditorio de Quiroga

Este sábado, 27 de decembro, chega a Quiroga o musical “Un conto de Nadal”, uha experiencia para toda a familia que adapta o conto clásico de Dickens creando unha historia con música e emoción para que o protagonista do conto recupere a ilusión polo Nadal.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os actores Pepo Suevos e Manuel Manquiña e La Oca Band presentan un musical cun repertorio no que os ritmos recordan estas datas tan especiais. O espectáculo terá ademais aires locais xa que no escenario tamén estarán alumnos do Colexio de Eduación Infantil e Primaria de Quiroga e o grupo de música tradicional O Recanto, que acompañarán aos integrantes de La Oca Band na interpretación de dúas coñecidas cancións.

Esta cita forma parte dos concertos do Xacobeo.Gal da Xunta de Galicia. Terá unha duración de dúas horas nas que ademais das cancións de Nadal tamén se inclúen distintos ritmos e estilos, onde terán cabida o rock ou temas máis clásicos.

Esta adaptación musical e teatral poñerá riba do escenario do Auditorio Municipal, o sábado, 27 de decembro, ás 19:30h, a maxia do Nadal.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...