HomeCultura"Andares" do xornalista, Luís Celeiro, preséntase este 30 de xaneiro en Samos

“Andares” do xornalista, Luís Celeiro, preséntase este 30 de xaneiro en Samos

A presentación terá lugar este venres, día 30 de xaneiro, ás 19:00h na Antiga Biblioteca, na rúa da Torre, 6 de Samos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O académico de número da Academia Xacobea, Luís Celeiro Álvarez e vicepresidente da Asociación de periodistas e estudosos do Camiño de Santiago (APECSA) presenta este venres o libro, ANDARES, unha escolma de artigos da sección TÍA MANUELA.

Nesta sección semanal, na prensa, Celeiro publicou máis de mil artigos ao longo de 20 anos, en Andares recolle unha selección de cento sesenta textos nos que camiña polos incendios, o Camiño de Santiago, o valor da palabra, a ciencia, a saúde…

No acto de presentación acompañarán ao autor, a alcaldesa de Samos, Chus López López; Xaime Fernández Castro, historiador e guía turístico; o xornalista, Manuel Darriba Blanco e Paula López López, profesora de FP, de Imaxe e Son. A cita, con entrada libre, completarase coa actuación de Brais Serantes Celeiro, que interpretará unha peza musical ao violín.

ÚLTIMAS

Monforte reabre o Parque da Compañía

As actuacións executadas consistiron na substitución do firme do percorrido peonil e do carril...

“Debemos parar a guerra en Oriente Medio e Non esquezades Gaza”, reclama a concentración de Monforte

A concentración en Monforte tivo lugar na Praza de España, ás 12.00 horas. Os...

O BNG de Pantón denuncia que o Centro de Saúde non contará co terceiro médico

Lembran desde o BNG de Pantón que levan tempo denunciando a falta de médicos...

O PP de Monforte urxe a mellora inmediata da conexión da N-120 co Polígono do Reboredo

A voceira popular, Katy Varela, denuncia que o firme se atopa nun estado “totalmente...