HomeCultura'El Monasterio de San Vicente del Pino y su colección diplomática', interesante...

‘El Monasterio de San Vicente del Pino y su colección diplomática’, interesante charla histórica en Monforte

Forma parte dun ciclo de conferencias organizadas polos colectivos "Amigos Patrimonio de Lemos" e "O Colado do Vento" para comprender mellor a importancia histórica de Monforte e da Terra de Lemos na época medieval. Será este venres 6 de xaneiro ás 20h na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro de Monforte de Lemos acolle o venes 6 de xaneiro ás 20:00 h. a conferencia El monasterio de San Vicente del Pino y su colección diplomática. O ponente será Carlos Rodríguez Fernández, doutor en Historia.

Os organizadores, Amigos Patrimonio de Lemos e O Colado do Vento, afirman que “esta conferencia xorde coa intención de dar continuidade a un ciclo de charlas dedicado a divulgar distintos estudos sobre a Idade Media na Terra de Lemos, iniciado coa conferencia A vila de Monforte e a Terra de Lemos na Idade Media –celebrada recentemente na Casa da Cultura–, e para achegar ao público investigacións rigorosas que permitan comprender mellor a importancia histórica de Monforte e da Terra de Lemos durante a época medieval”.

esta conferencia xorde coa intención de dar continuidade a un ciclo de charlas dedicado a divulgar distintos estudos sobre a Idade Media na Terra de Lemos

O conferenciante, Carlos Rodríguez Fernández, centrará a súa exposición na análise da documentación medieval vinculada ao mosteiro de San Vicente do Pino, tratándoa por unha banda como obxecto de estudo en si mesmo, achegando claves para comprender e interpretar documentos antigos, e por outra como ferramenta fundamental para reconstruír, de maneira clara e accesible, aspectos relevantes do contexto histórico e artístico do mosteiro e da súa área de influencia ao longo do tempo.

ÚLTIMAS

O Concello de Monforte concede a Kern Pharma unha prórroga de 6 meses para iniciar as obras no Polígono

A Xunta de Goberno Local do Concello de Monforte autorizou esta semana conceder a...

Taboada presenta o cartel da Festa do ‘Caldo de Ósos’

En Taboada quentan xa motores para a celebración da XXXIV edición da súa emblemática...

60.000€ da Vicepresidencia da Deputación para o Matadoiro de Sarria e a Festa do Cocido do Porco Celta que se celebra este 31 de...

O vicepresidente da Deputación, Efrén Castro, e o alcalde de Sarria, Claudio Garrido, deron...

Este 31 de xaneiro “Refuxio de inverno, viño e calma” na Ruta do Viño da Ribeira Sacra

A campaña destaca o inverno como un momento privilexiado para descubrir a Ribeira Sacra...