A Delegación Territorial de Lugo acolleu este venres a presentación do programa, coa participación do delegado territorial, Javier Arias, e o presidente da agrupación organizadora, Lucas López, ademais doutros membros do colectivo.
O pregón será o domingo, 15 de febreiro, ás 17:00h a cargo do antropólogo Rafael Quintía, presidente da Sociedade Antropolóxica Galega. A continuación sairán as Madamas e Danzantes e os Disfraces de Campo. A saída do Oso, o elemento máis característico deste Entroido, será o luns ás 17:00h
Durante estes días haberá funcións de teatro e animación musical, coas actuacións de Malenne, Alma DJ, Brabán Gaiteiros, Dúo Triada, Grupo Lume, as orquestras Suavecito e Los Players, a charanga Terras do Bibei e Mekanica Rolling Band. Tamén se desprazará a discoteca móbil A Duendeneta. Así mesmo, o luns e o martes, 16 e 17 de febreiro haberá dúas ceas populares, a primeira delas cunha foodtruck.

