HomeCulturaProxección e coloquio no Ateneo Casino monfortino

Proxección e coloquio no Ateneo Casino monfortino

"O que vai acontecer aquí?" será a peza documental que se poderá ver este venres 13 de febreiro. Ademais, da man da profesional do audiovisual, Tamara González, terá lugar un coloquio arredor da obra.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Cine Clube do Casino Ateneo convida a unha nova proxección audiovisual de balde. Nesta ocasión, preséntase un documental sobre a especulación inmobiliaria na cidade de Lisboa, “O que vai acontecer aquí?”, e tras o visionado haberá un coloquio que moderará Tamara González, profesional do audiovisual de Pantón e impulsora na Ribeira Sacra do festival de cinema portugués ‘Vendaval’.

O QUE VAI ACONTECER AQUÍ?

De acordo co colectivo Left Hand Rotation, que produciu a longametraxe xunto con Stop Despejos e Habita, no documental é posible asistir á loita dos diversos movementos sociais que defenden o dereito a habitar en Lisboa, “nun momento de intensificación das loitas polo espazo urbano provocada pola expansión do capitalismo financeiro, que concentra a riqueza nas mans duns poucos e aumenta a desigualdade social”.

COLOQUIO CON TAMARA GONZÁLEZ

Nacida en Pantón, no ano 1987, é unha profesional do cinema e do audiovisual especializada en produción e xestión cinematográfica. Traballou en proxectos de ficción e documental estreados en festivais e circuítos culturais, e participa activamente en iniciativas de divulgación e pensamento crítico arredor do cinema. Reside en Lisboa onde desenvolve a maior parte dos seus proxectos.

Consciente das súas raíces e do potencial cultural da zona, desde 2024 coordina o VENDAVAL Mostra de Cinema Portugués Ribeira Sacra. Esta mostra prepara xa a programación do ‘Pase de Primavera’ para finais de maio, e conta con ter presenza nos concellos de Sober, Chantada, Sarria e Bóveda.

ÚLTIMAS

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...

Micro Aberto á cultura este 14 de febreiro na cafetería Mon de Monforte

A iniciativa nace dun grupo heteroxéneo de persoas residentes no rural da zona, no...