HomeCulturaNo Día de Rosalía, Celia Díaz dá unha charla ao alumnado do...

No Día de Rosalía, Celia Díaz dá unha charla ao alumnado do CEIP de Quiroga

A conferencia, que se desenvolverá no Salón de Actos da Casa da Cultura ás 10:15 h. diríxese ao alumnado de 5º e 6º de Primaria do CEIP de Quiroga, mais tamén poderá asistir público en xeral ata completar aforo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Rosalía de Castro é a escritora máis representativa da lingua e da literatura galegas e a publicación do seu libro Cantares Gallegos sinala o inicio da restauración do uso escrito do galego e o final de séculos de silencio e esquecemento. Ademais, esa mesma data de publicación foi instaurada pola Real Academia Galega para conmemorar o Día das Letras Galegas.

Desde o século XIX Rosalía de Castro foi homenaxeada polas galegas e os galegos como a gran poeta que nos representa. Non dubidou en exhibir a nosa identidade con orgullo, reclamar o recoñecemento da nosa lingua como expresión xenuína do pobo galego, mostrar a valentía de denunciar a discriminación das mulleres e apostar por unha sociedade libre e igualitaria.

O 23 de febreiro é a data na que se celebra o ‘Día de Rosalia’, o Concello de Quiroga lembra a súa figura cunha charla divulgativa dirixida ao alumnado de Primaria do CEIP de Quiroga. A encargada de impartila será a escritora quiroguesa Celia Díaz Núñez. A organización corre a cargo da Concellería de Educación, Infancia e Igualdade e da Concellería de Dinamización Lingüística; contando coa colaboración do CEIP de Quiroga e dos seus Equipos de Dinamización de Lingua Galega.

ÚLTIMAS

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...